6 pontos básicos

1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.

2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.

3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.

4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.

5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.

6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.

Algunhas das nosas razóns

A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra é unha plataforma aberta que persegue a erradicación das touradas na nosa cidade

– Denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros receben no transcurso desta mal chamada festa, na cal o touro é desgarrado, mutilado e torturado até morrer, así como o maltrato animal en xeral.

– Advertimos das touradas como coartada para a construción da identidade española na Galiza. Constitúe un ritual en torno ao cal conflúen os sectores mais reaccionarios da sociedade.

– Consideramos obscena a utilización de fondos públicos para a financiación das touradas (42 euros em impostos por habitante, segundo Libera) , a pesarde que as enquisas (Gallup 07) amosan que un 86% da poboación galega se declara indiferente perante este atavismo.

– Finalmente, as touradas teñen unha forte compoñente machista, ao exaltar a figura masculina nunha loita contra un animal “mitificado” da que sempre sae vitorioso.

EM NORMAL AGAL

6 pontos vindicativos básicos

1) Cese inmediato de ajudas encubertas às touradas por parte de todas as instituiçons, nomeadamente da Deputaçom de Ponte Vedra, principal financiador público.

2) Instar à Junta a aprobar unha Lei de Protecçom Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.

3) Declaraçom por parte do Concelho de Ponte Vedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.

4) Supressom das touradas como reclamo turístico por parte das Instituiçons Públicas, assi como dos programas de festas.

5) Erradicaçom do uso de espaços públicos para a promoçom das touradas.

6) Reconversom da Praça de Touros num Coliseu para espectáculos culturais e concertos.

Algumhas das nossas raçons

– Denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros recebem no transcurso de esta mal chamada festa, na qual o touro é desgarrado, mutilado e torturado até morrer, assi como o maltrato animal em geral.

– Advertimos das touradas como coartada para a construçom da identidade espanhola na Galiza. Constitui um ritual em torno do qual confluem os sectores mas reaccionários da sociedade.

– Consideramos obscena a utilizaçom de fundos públicos para o financiamento das touradas (42 euros em impostos por habitante, segundo Libera) , a pesar de que os inquéritos (Gallup 07) mostram que um 86% da população galega se declara indiferente perante este atavismo.

– Finalmente, as touradas têm uma forte componente machista, ao exaltar a figura masculina numa luta contra um animal “mitificado” da que sempre sai vitorioso.

Anúncios

9 Responses to “Que queremos?”


  1. Agosto 14, 2007 às 6:39 pm

    Xa era hora que alguien fixese algo para evitar esta barbarie. Un saudo e adiante.

  2. 2 paco
    Agosto 30, 2007 às 1:05 pm

    Non as touradas e o sacrificio dos animais sen necesidade. Si a “FESTA DO VIÑO” pola zona monumental!!

  3. Setembro 19, 2007 às 2:44 pm

    Que gran razon tedes en todo, da gusto atopar un grupo que pensa igual ca min, contade con todo o meu apoino no que sexa, un saudo e gracias por poñer un pouco de esperanza na luita contra a barbarie

  4. Setembro 19, 2007 às 2:46 pm

    Esquecinme de dicilo, vou poñer este manifesto (coa firma de ponte vedra antitaurina) no meu espazo, se por calquera cousa non queredes que estea ahi, dicideo e o retirarei enseguida

  5. 5 natalia
    Junho 28, 2008 às 8:34 pm

    como lle poden facer eso a un pobre animal que non ten dereito a defenderse.non e xusto que o teñan agonizando 20 minutos e afogandose na sua propia sangue e o peor que lle poden facer a un animal
    stop as touradas e o maltrato animal

  6. Julho 6, 2008 às 7:48 pm

    teño pensado colgar un artigo da barbarie dos touros nos vindeiros dias no meu blogue, facendo mención á plataforma anti-taurina de Pontevedra.

    un saúdo e adiante !!

  7. 7 Afonso Feixoo
    Julho 24, 2008 às 10:33 am

    Concordo totalmente con que son un espectaculo noxento e as tradizons basadas n’o abuso non merecen conservarse. Mais por outra banda, foi e e un intento de impor a cultura espagnola sober a Galega.
    Saudos e adiante,
    Afonso Feixoo, Sudan

  8. 8 sarinha
    Julho 31, 2008 às 2:23 pm

    ai q acabar con esta tortura xa!!

  9. 9 alberto
    Julho 31, 2008 às 4:19 pm

    As corridas de touros son unha auténtica labazada ao sentido común, maltratar de tal maneira a un animal e pasalo ben có seu sofrimento é unha auténtica barbaridade, que remate xa isto, non é arte, é maltrato sen máis, que non se escuden en que tamén nós matamo-las terneiras ou os porcos para comer, non é o mesmo, ese argumento non se ten en pé.

    Por certo, neste blog de Pontevedra puxeron un artigo sobre os touros e hai un interesante debate, se tedes curiosidade déixovo-lo link aqui

    http://apontevella.com/archives/483

    un saúdo


Deixe uma Resposta para sarinha Cancelar resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,325 visitas

%d bloggers like this: