Archive Page 6

04
Maio
08

Antitaurinos de Equanimal saltan á praza de Las Ventas Madrid

O 4 de Maio de 2008 seis activistas de Equanimal saltaron ao ruedo das Ventas (Madrid) durante unha corrida de touros. Estaba sendo retransmitida en directo por TV. Era a primeira vez que unha organización polos dereitos dos animais plantaba cara ao mundo taurino no corazón mesmo da tauromaquia.

A impunidade das prazas de touros rematou. Xa nada será igual. O meios de comunicación resaltaban que esta acción marcaba un antes e un despois no activismo antitaurino. Equanimal tomara a praza de touros máis importante do mundo.

Continue a ler ‘Antitaurinos de Equanimal saltan á praza de Las Ventas Madrid’

Anúncios
01
Abr
08

O concello de Noia non voltará financiar espectáculos taurinos

O concelleiro de Festas de Noia, o socialista José Manuel González Canabal, asegurou onte que desde o Concello non se volverán a financiar espectáculos taurinos. “No grupo de goberno somos nove persoas e decidimos para ben e para mal non apoiar as corridas de touros”, indicou.

Con todo, non pechou a porta a que outros colectivos organicen este tipo de festivais, aínda que iso si, engadiu que non haberá axuda económica municipal para iso. Respecto á tradición destes espectáculos en Noia, o concelleiro indicou que non descarta recuperar o costume de baixar as reses até a rúa do Curro, tal e como se facía antigamente, aínda que dixo  que de momento aínda non hai nada falado.

O portavoz municipal do PP, Antonio Pérez Insua, criticou no último pleno que non se respectase a tradición taurina das festas de San Marcos. O concelleiro recordou que o PSOE, co alcalde, Rafael García Guerreiro, á fronte do Concello, xa organizara corridas de touros durante a súa anterior etapa de goberno. Por iso, o representante popular non entende como agora se suprimimen sen máis, pese á súa gran aceptación por unha banda da cidadanía.

vía: elcorreogallego

01
Jan
08

“Isto non o vaias publicar que vas levar nos fuciños”

Os integrantes de Na Deriva, subiron á rede un video no que quedan demostradas as ameazas dos cazadores que acudiron a pasada fin de semana á V Copa de Caza de Raposo en Portomarín. O boicot, causante dos feitos, foi organizado pola plataforma Matar por matar NON e consistía en acompañar aos cazadores ás zonas de caza para unha vez alí, con pitos, bociñas e megáfonos como únicas armas, espantar os animais para impedir que fosen tiroteados polos competidores da copa. O saldo final: un ecoloxista detido, outro agredido e 69 raposos mortos.

O integrante de Verdegaia e de Na Deriva, Roi Seoage, resultou agredido por gravar coa súa cámara as ameazas que proferían os cazadores ao serlles impedida a caza. Tralos feitos, Seoage interpuxo unha denuncia contra os cazadores, na que afirma que “tentaron bater en min coas súas escopetas coma se o fixesen cun bate de baseball, rabuñáronme o pescozo e retorcéronme un dedo”, aínda que tivo que desprazarse até Palas de Reis para poder facela efectiva.

Continue a ler ‘“Isto non o vaias publicar que vas levar nos fuciños”’

01
Jan
08

Xornada negra para raposos e ecoloxistas en Portomarín

As tensións entre os opositores á caza do raposo e os organizadores e participantes na Copa de España foron a clave da xornada. Membros de Verdegaia denunciaron por agresión a cazadores. Malia os intentos de boicot da vintena de asociacións ecoloxistas desprazadas até Portomarín, preto de 70 raposos foron abatidos durante a quinta edición da Copa de España de Caza do Raposo.

Desde primeiras horas da mañá ecoloxistas e cazadores botáronse ao monte, aínda que con motivacións completamente distintas. Nos enfrontamentos, resultou detido un dos membros da fundación “Equaanimal” por un suposto delito de resistencia á autoridade.

Os ecoloxistas empregaron dispositivos como altofalantes e bucinas para evitar a caza. Dende a plataforma “Matar por matar non” sinalaron que non existen argumentos que xustifiquen estes campionatos e solicitaron a Medio Ambiente a facer unha revisión dos plans cinexéticos.

Dende Verdegaia, o coordinador xeral da formación, Xan Duro, afirmou que “non sei exactamente cantas escopetas había, pero iso non era caza, era unha masacre”, lamentou.

Continue a ler ‘Xornada negra para raposos e ecoloxistas en Portomarín’

17
Set
07

e mentres tanto, os ianquis…

As imaxes que reproducimos a continuación falan por sí propias.. Corresponden a un experimento da Forza Aérea dos USA, consistente en aturdir a un porquiño cun “táser”. O vídeo foi conseguido pola organización animalista “PETA” (People for the Ethical Treatment of Animals).

Non hai moita diferenza co sufrimento do touro no “ruedo” taurino, co agravante de que nas touradas o obxectivo é divertir a unhas decenas de persoas sedentas de sangue.

17
Set
07

564 millóns de euros das arcas públicas para as touradas

Según se desprende dun macro-informe elaborado pola fundación animalista “Altarriba“, as administracións públicas adican 564 millóns de euros anuais á subvención das touradas. Do estudo ficaron excluídas as axudas indirectas como a financiación aos gandeiros, subvencionados incluso con fondos comunitarios.

Asemade, anímase á cidadanía á obxeción fiscal e a vindicar perante as institucións públicas que o diñeiro dos contribuíntes non pode ir parar, baixo nengún concepto, a unha “festa” que 7-1.jpgconsiste na violación flagrante dos dereitos animais, ademáis de constituír unha perversa forma de diversión.

Desde a nosa plataforma vimos denunciando o financiamento das touradas en Pontevedra por parte da administración, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, que destina cuantiosas sumas á promoción do atavismo e da crueldade “en chave hispana”. Ademáis, cremos que o Concello non debería prestar nengún tipo de colaboración á empresa “Plazas y Toros S.L”, culpábel do martírio anual durante as Festas da Peregrina.

No noso país temos tristes exemplos, como o do Concello da Coruña , que aportou enormes sumas das arcas municipais durante anos co obxecto de inocular na sociedade un particular modo de entender a relación dos humanos cos animais. E todo pesia a completa apatía da cidadanía galega, sempre contraria a esta festa, como evidencia a ínfima implatación das touradas no país.

Casos como o de Noia, onde o novo goberno electo suprimiu as axudas ás touradas, animan as nosas vindicacións e fannos crer firmemente nunha Pontevedra comprometida cos dereitos dos animais, e contra a tortura inhumana e cruel que supón o lamentable espectáculo hispano das “corridas”.

Un atavismo que non pode ter continuidade no noso país, alleo por completo a unha tradición importada e españolizante que reúne aos sectores máis reaccionarios da nosa sociedade, responsábeis do holocausto anual de 60.000 touros. Todo para o divertimento duns “privilexiados”. E aínda haberá algún “intelectual” (*galego) que conciba a tauromaquia como “metáfora de la vida heroica”?

13
Set
07

EEUU: Lei terrorista contra activistas polos animais

O Congreso dos EEUU tería aprobado durante o 2006 unha Lei , denominada “Animal Enterprise Terrorism Act” destinada á defensa das corporacións que comprenden actividades económicas relacionadas coa explotación de animais. A lei, debido á súa ambigüidade, enmascara artigos que facilitarían a imputación de activistas pro-animais baixo a acusación de terrorismo.

bush animal

A nova foi recollida por Rebelión.org nun interesante repaso polas 25 notícias mais censuradas nos EEUU durante o 2006, onde David Hoch e Odette Wilkins, do “Vermont Journal of Environmental Law”, sinalan como o termo terrorismo “se ampliou perigosamente para incluir calquera interferencia, ou promoción de interferencia contra as operacións de empresas vencelladas aos animais”.

A contestación nos EEUU está representada por uns 160 grupos diversos, encabezados pola Unión Americana polas Liberdades Civís” (ACLU) que “se opoñen a esta Lei argumentando que a súa terminoloxía resulta vaga e perigosa, á vez que plantexa un conflito importante coa Constitución dos EEUU (…) dado que a definición de “empresa animal” podería abarcar a práctica totalidade do comercio do país”.




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas