Archive for the 'videos' Category



22
Jul
08

Vídeos da campanha de Pontevedra Antitaurina

Pontevedra Antitaurina apresenta dous vídeos  para acompanhar a nossa campanha antitaurina.

[blip.tv ?posts_id=1109285&dest=-1]

Link ao original

Copia e cola para incluír no teu blogue: wordpress outros blogues outra opçom

[blip.tv ?posts_id=1109183&dest=-1]

Youtube: http://br.youtube.com/watch?v=brXj7MfPmvY

Link ao original

Copia e cola para incluír no teu blogue: wordpress outros blogues outra opçom

Para maior qualidade, accedei a gzvideos.info

Anúncios
04
Maio
08

Antitaurinos de Equanimal saltan á praza de Las Ventas Madrid

O 4 de Maio de 2008 seis activistas de Equanimal saltaron ao ruedo das Ventas (Madrid) durante unha corrida de touros. Estaba sendo retransmitida en directo por TV. Era a primeira vez que unha organización polos dereitos dos animais plantaba cara ao mundo taurino no corazón mesmo da tauromaquia.

A impunidade das prazas de touros rematou. Xa nada será igual. O meios de comunicación resaltaban que esta acción marcaba un antes e un despois no activismo antitaurino. Equanimal tomara a praza de touros máis importante do mundo.

Continue a ler ‘Antitaurinos de Equanimal saltan á praza de Las Ventas Madrid’

16
Ago
07

Crónica dunha morte anunciada

O TOURO NON SOFRE:

Video de Liberaong , parte dunha serie de varios capítulos sobre as touradas en Barcelona. É bastante duro, avísamosvolo, mais amosa á perfección o grao de sadismo ao que chegan os promotores e executores deste ruín espectáculo.

Eis a descrición do “proceso”:

Logo de burlar ao animal co capote, o picador crávalle nas costas a “puya”, unha lanza que esnaquiza músculos (trapecio, romboideo, espinoso, semiespinoso, serratos, transversos do pescozo, etc. Lesiona ademais vasos sanguíneos e nervios, abríndolle grande boquetes, por onde logo poden afundirse as banderillas, uns paus terminados en arpóns de aceiro cortante e punzante, de 6 ou 8 cm. de lonxitude. Algunhas banderillas de máis lonxitude son denominadas “de castigo” , utilizadas cando o touro logrou evadir a lanza do picador. As banderillas prolongan o desgarramento e afondamento das feridas interas. Non hai límite ao Continue a ler ‘Crónica dunha morte anunciada’

13
Ago
07

Compilación de videos anti-taurinos

“Isto são tradições antigas, já os avôs dos nossos avôs o faziam, faz parte da nossa herência cultural, dos nossos costumes. Deixar de fazer é relegar o nosso passado, a nosa história, além disso quem não gosta sempre pode olhar para o lado e não ver. Mais por favor, respeitem quem gosta estes costumes, não vamos privar a aqueles que apreziam só porque alguns discordam.”

É un argumento centos de veces repetido polos amantes desta “tradición” que consiste en martirizar e asasinar publicamente a touros co fin do desfrute duns poucos. A voz en off deste brillante spot anti-taurino reflicte esta maneira de pensar.  As imaxes… falan por sí propias.

A continuación as imaxes do spot francés que foi censurado polo comité de autorregulación da publicidade televisiva, por ser “excesivamente violento, en especial cara aos máis xóvenes”. Que mundo máis paradoxal, aquel que prohíbe a propaganda contra as touradas e non obstante as segue a promocionar e permitir…

Finalmente , un spot dunha película que promociona os valores animalistas. Está moi ben realizado e a banda sonora é o celebérrimo “Concierto de Aranjuez” de Joaquín Rodrigo.

11
Ago
07

Pontevedra Antitaurina desprega unha faixa na Ferraría

Como parte da nosa campaña de información , a Plataforma Pontevedra Antitaurina pendurou unha faixa nas inmediacións da praza de Ferraría, por volta das 21 horas na tarde. Numerosas persoas seguiron con atención o proceso, que por fortuna non foi boicotado pola policía, como sucedera coa colaxen de cartaces. Tamén aproveitamos a acción para repartir auto-colantes co logotipo da plataforma.

Lonxe de asustarnos, os grupos filo-fascistas Continue a ler ‘Pontevedra Antitaurina desprega unha faixa na Ferraría’

05
Ago
07

Videos da barbárie

[blip.tv ?posts_id=1109285&dest=-1]

Link ao original

Copia e cola para incluír no teu blogue: wordpress outros blogues outra opçom

[blip.tv ?posts_id=1109183&dest=-1]

Youtube: http://br.youtube.com/watch?v=brXj7MfPmvY

Link ao original

Copia e cola para incluír no teu blogue: wordpress outros blogues outra opçom

[blip.tv ?posts_id=333894&dest=-1]

Maior qualidade em: GzVideos.info




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas