Archive for the 'novas' Category



24
Jun
08

Acabouse o tiro ao pombiño (polo momento)

Este ano O Grove non voltará repetir o triste espectáculo do campionato de tiro ao pombiño, evento turístico no cal ducias de sádicos se dedicaban a disparar contra estes indefensos animais, aos que anteriormente recurtaran a cola para facer máis “interesante” o seu xogo.

Infelizmente, non foi a sensibilidade ante o sofrimento dos animais a que logrou paralisar este espectáculo tan semellante ao taurino, senón outras razóns, se ben relacionadas coa lexislación ambiental. Non contentos con esta barbarie, os organizadores tiveran a orixinal idea de organizar o campeonato a carón dun humidal protexido Umia-Grove, co cal cada ano caían quilos e quilos de chumbo, para envelenar peixes, aves e quizais ata os mariscos que despois comían os propios turistas, nunha nova mostra de irracionalidade. A Administración estivo tan rápida como de costume, e o ano pasado atreveuse a poñer unhas mínimas condicións –munición “ecolóxica”, instalación de pantallas para que non caise o chumbo, etc…- que por suposto non cumpriron os tiradores, acostumados á complicidade coas institucións.

Non obstante, a Consellaría de Medio Ambiente non tivo máis remedio que iniciar un expediente de sanción –que non resolveu un ano despois- debido á presión popular, e esixir que este ano cumpriran as condicións.

Os organizadores alegaron que non era posíbel conseguir munición sen chumbo –o que é falso, só que sería máis cara- e decidiron cancelar o torneo, para desgusto de algúns empresarios que non calibran o que este espectáculo sádico denigra a imaxe da vila, da comarca e da Galiza.

É de destacar neste proceso a negativa actitude do goberno local, no que só o BNG se opoñía ao torneo, pero que rematou por votar a prol da permanencia do torneo en virtude do pacto de goberno e da decisión dos seus socios, PSOE, Partido Galeguista e Esquerda Unida, unidos en defensa desta barbarie cruel, indigna e contaminante. Para completar o cadro estaba o PP, na oposición, que lles reprochou que non foran quen de facer máis por esta tradición, que debe ser tan milenaria e galega como as touradas.

Parece difícil que se recupere este torneo despois da súa interrupción, xa que os tiradores comezaran a buscar outro lugar onde descargar a súa adrenalina matando animais. Aínda así, teremos que estar atentos ante os posibles intentos de recuperación en anos vindeiros, non sen antes felicitármonos deste paso histórico, que anticipa a grande festa que suporá algún día, e máis pronto do que tarde, a erradicación das touradas en Pontevedra.

Anúncios
16
Jun
08

Agreden salvaxamente a anti-taurinos en Barcelona

A violencia animal trasladada á violencia contra as persoas que vindican a fin do sadismo taurino. A barbárie contra os touros é tamén contra nós, os que vindicamos un futuro próximo onde se deixe de matar animais soamente para a diversión duns centos de españois sedentos de sangue.

Hoxe agrederon salvaxamente catro anti-taurinos que se manifestaban de xeito pacífico na praza de touros Monumental de Barcelona. Pegáronlles con paos na cabeza e tiveron que hospitalizar un deles, mentres que a policía reprimía aos restantes. Un suceso lamentábel  que nos leva a afianzar a nosa vindicación antitaurina.

Desde este blogue queremos solidarizarnos con Igualdad Animal, hoxe atacaronnos a todos os antitaurinos. Mais será mañá cando tornen as cousas e os perseguidos sexan os que se adican a asasinar animais por “obra y gracia” da cultura deleznábel dun país ao que nen tan sequera queremos pertencer.

E hoxe mais que nunca debemos lembrar que SER ANTITAURINO É SER ANTIFASCISTA.

14
Maio
08

Sarria queda sen touros

O San Xoán non incluirá este ano no seu programa a corrida de touros que organiza desde fai 30 anos o empresario Juan Santos.

O motivo polo que non haberá este espectáculo é unicamente económico. O organizador solicita o apoio do Concello e os responsables municipais non están dispostos a achegar ningún diñeiro, aínda que si lle darán os correspondentes permisos para celebrar a corrida se os solicita e asume o risco.

Juan Santos afirma que na pasada edición o Concello só tivo que asumir unhas perdas de 1.516 euros, cantidade que até no Concello estarían dispostos a asumir. As condicións doutros anos é que empresa e administración local asumían os gastos de organización ao 50% e repartían o despacho de billetes. Se había perdas o diñeiro saía das arcas municipais.

A última posibilidade será cando Juan Santos visite Sarria a finais deste mes para falar novamente con membros do equipo de goberno e intente convencelos de que manteñan os acordos de anos precedentes, pero o acordo é agora mesmo case unha utopía.

Continue a ler ‘Sarria queda sen touros’

13
Set
07

EEUU: Lei terrorista contra activistas polos animais

O Congreso dos EEUU tería aprobado durante o 2006 unha Lei , denominada “Animal Enterprise Terrorism Act” destinada á defensa das corporacións que comprenden actividades económicas relacionadas coa explotación de animais. A lei, debido á súa ambigüidade, enmascara artigos que facilitarían a imputación de activistas pro-animais baixo a acusación de terrorismo.

bush animal

A nova foi recollida por Rebelión.org nun interesante repaso polas 25 notícias mais censuradas nos EEUU durante o 2006, onde David Hoch e Odette Wilkins, do “Vermont Journal of Environmental Law”, sinalan como o termo terrorismo “se ampliou perigosamente para incluir calquera interferencia, ou promoción de interferencia contra as operacións de empresas vencelladas aos animais”.

A contestación nos EEUU está representada por uns 160 grupos diversos, encabezados pola Unión Americana polas Liberdades Civís” (ACLU) que “se opoñen a esta Lei argumentando que a súa terminoloxía resulta vaga e perigosa, á vez que plantexa un conflito importante coa Constitución dos EEUU (…) dado que a definición de “empresa animal” podería abarcar a práctica totalidade do comercio do país”.

12
Set
07

Duro golpe contra o “tiro ao pombiño”

A Consellaría de Meio Ambiente abriu un expediente sancionador ao Hotel Hesperia, organizador , xunto coa “Federación de Tiro al Vuelo”, do campionato de tiro ao pombiño que tivo lugar no mes de Xullo na illa da Toxa.

Oganizacións ecoloxistas subscribiran nese mes un manifesto contra a celebración do campionato de tiro “al vuelo”, “eufemismo baixo o que se agocha mutilar e masacrar a tiros a milleiros de crías de aves indefensas para satisfacción duns mal chamados “deportistas”. Na altura, lograran mobilizar un bó número de colectivos nunha marcha vindicativa.

pombino.jpg

Os ecoloxistas denunciaban, Continue a ler ‘Duro golpe contra o “tiro ao pombiño”’

24
Ago
07

As touradas en decadencia: adeus á “semana cultural taurina” de Pontevedra e ás touradas en Noia

semana-taurina.jpg

Hoxe temos boas novas para as vindicacións anti-taurinas.

Segundo informa o Faro de Vigo na edición local de Pontevedra, este ano suspéndese a tamén “tradicional” Semana Cultural Taurina, que viña celebrando a Coordinadora de Peñas desde hai case 20 anos. Os motivos que alegan son a falta de fondos, escaso apoio institucional (pesia os xenerosos aportes da Deputación, que incluso permitiron unha viaxe á Finca-rancho dos donos da praza en Toledo) e mais a falta de coordinación entre “peñistas”. A suspensión xerou grande polémica e cruce de declaracións dentro da “afección” taurina de Pontevedra, un debate que alcanzou á páxina web da Coordinadora.

A semana, en opinión dos peñistas, suporía un “entretenimiento extra y orientaría a los más jóvenes a una diversión más sana y ofrecer alternativas al botellón. Esto a falta Continue a ler ‘As touradas en decadencia: adeus á “semana cultural taurina” de Pontevedra e ás touradas en Noia’




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas