Archive for the 'activismo' Category



29
Jul
08

De novo represión policial ao movemento antitaurino de Pontevedra


Unha vez mais, e tal e como aconteceu o ano pasado, a policía desprega os seus efectivos para facer valer os intereses empresariais dos donos do “recinto de tortura animal” de Pontevedra. Se hai un ano era a policía española a que retía e identificaba a plena luz do día a xóvenes antitaurinos que ían de colada, agora é a propria policía municipal a que actúa contra calquera oposición organizada contra as festas taurinas , exercendo, de facto, como axentes de seguridade privada ás ordes dos irmáns Lozano.

Non é a primeira vez que os cartaces das touradas son arrincados, tapados ou cubertos de pintura polos sectores sociais mais conscientes da nosa cidade. Do mesmo xeito, tampouco é a primeira vez que xóvenes antitaurin@s son vítimas de identificacións arbitrarias e asedio policial constante.

Ambos os dous feitos déronse na noite do venres para o sábado 19, cando unha vintena de paneis taurinos de toda a cidade foron boicotados con pintura preta, a maioria deles coa lenda “STOP touradas”. A mesma noite, un grupo de persoas, na sua maioria moz@s, foron retidos por meia hora, cacheados e identificad@s por un desproporcionado despregue da policía municipal, durante o cal o carro dun deles foi rexistrado e tod@s eles/as denunciad@s, acusad@s, supomos, de pintar de preto cartaces taurinos.

Non se entende tanta protección e cío para defender os panéis da empresa dos irmáns Lozano, que ocupan un espazo público que nos pertence a tod@s, e que publicitan unhas festas rexeitadas por amplos sectores sociais.

Como denunciamos con anterioridade, nestes días colocáranse masivamente cartaces taurinos de grandes dimensións, atados a mobiliario urbano, o que de facto supón unha invasión do espazo público , agravado na promoción dun atavismo execrábel. Por tanto, a plataforma Pontevedra Antitaurina vindica:

– A proibición de colocar propaganda que chame ao maltrato animal nas rúas da cidade, un incumprimento do Concelho da abondante lexislación nesta materia.

– A fin do asedio policial ao movimento antitaurino, con identificacións, retencións ilegais e boicotes continuados, exixindo a toma de medidas por parte das institucións públicas para evitar estes abusos.

De Pontevedra Antitaurina continuaremos a realizar actividades co obxectivo final da desaparición das touradas, e seguiremos a denunciar feitos como este. Para rematar, animamos aos sectores mais comprometidos coa erradicación da barbárie taurina a demostrar a súa oposición a esta cruel tradición do mesmo modo que @s xóvenes acosad@s pola policía.

Non deixes que a propaganda taurina invada a nosa cidade! STOP TOURADAS.

Anúncios
04
Maio
08

Antitaurinos de Equanimal saltan á praza de Las Ventas Madrid

O 4 de Maio de 2008 seis activistas de Equanimal saltaron ao ruedo das Ventas (Madrid) durante unha corrida de touros. Estaba sendo retransmitida en directo por TV. Era a primeira vez que unha organización polos dereitos dos animais plantaba cara ao mundo taurino no corazón mesmo da tauromaquia.

A impunidade das prazas de touros rematou. Xa nada será igual. O meios de comunicación resaltaban que esta acción marcaba un antes e un despois no activismo antitaurino. Equanimal tomara a praza de touros máis importante do mundo.

Continue a ler ‘Antitaurinos de Equanimal saltan á praza de Las Ventas Madrid’

01
Jan
08

“Isto non o vaias publicar que vas levar nos fuciños”

Os integrantes de Na Deriva, subiron á rede un video no que quedan demostradas as ameazas dos cazadores que acudiron a pasada fin de semana á V Copa de Caza de Raposo en Portomarín. O boicot, causante dos feitos, foi organizado pola plataforma Matar por matar NON e consistía en acompañar aos cazadores ás zonas de caza para unha vez alí, con pitos, bociñas e megáfonos como únicas armas, espantar os animais para impedir que fosen tiroteados polos competidores da copa. O saldo final: un ecoloxista detido, outro agredido e 69 raposos mortos.

O integrante de Verdegaia e de Na Deriva, Roi Seoage, resultou agredido por gravar coa súa cámara as ameazas que proferían os cazadores ao serlles impedida a caza. Tralos feitos, Seoage interpuxo unha denuncia contra os cazadores, na que afirma que “tentaron bater en min coas súas escopetas coma se o fixesen cun bate de baseball, rabuñáronme o pescozo e retorcéronme un dedo”, aínda que tivo que desprazarse até Palas de Reis para poder facela efectiva.

Continue a ler ‘“Isto non o vaias publicar que vas levar nos fuciños”’

01
Jan
08

Xornada negra para raposos e ecoloxistas en Portomarín

As tensións entre os opositores á caza do raposo e os organizadores e participantes na Copa de España foron a clave da xornada. Membros de Verdegaia denunciaron por agresión a cazadores. Malia os intentos de boicot da vintena de asociacións ecoloxistas desprazadas até Portomarín, preto de 70 raposos foron abatidos durante a quinta edición da Copa de España de Caza do Raposo.

Desde primeiras horas da mañá ecoloxistas e cazadores botáronse ao monte, aínda que con motivacións completamente distintas. Nos enfrontamentos, resultou detido un dos membros da fundación “Equaanimal” por un suposto delito de resistencia á autoridade.

Os ecoloxistas empregaron dispositivos como altofalantes e bucinas para evitar a caza. Dende a plataforma “Matar por matar non” sinalaron que non existen argumentos que xustifiquen estes campionatos e solicitaron a Medio Ambiente a facer unha revisión dos plans cinexéticos.

Dende Verdegaia, o coordinador xeral da formación, Xan Duro, afirmou que “non sei exactamente cantas escopetas había, pero iso non era caza, era unha masacre”, lamentou.

Continue a ler ‘Xornada negra para raposos e ecoloxistas en Portomarín’

11
Ago
07

Pontevedra Antitaurina desprega unha faixa na Ferraría

Como parte da nosa campaña de información , a Plataforma Pontevedra Antitaurina pendurou unha faixa nas inmediacións da praza de Ferraría, por volta das 21 horas na tarde. Numerosas persoas seguiron con atención o proceso, que por fortuna non foi boicotado pola policía, como sucedera coa colaxen de cartaces. Tamén aproveitamos a acción para repartir auto-colantes co logotipo da plataforma.

Lonxe de asustarnos, os grupos filo-fascistas Continue a ler ‘Pontevedra Antitaurina desprega unha faixa na Ferraría’

09
Ago
07

A policia intenta boicotar a pegada de cartaces anti-taurinos

[rockyou id=80213618&w=600&h=500]

A última hora da tarde , unha dúcia de membros da plataforma Pontevedra Antitaurina iniciabamos a pegada de cartaces e manifestos pola cidade como parte da nosa campaña informativa. Como tantas outras veces, os muros elixidos foron aqueles empregados rotinariamente Continue a ler ‘A policia intenta boicotar a pegada de cartaces anti-taurinos’

09
Ago
07

Pontevedra amence chea de pintadas

Facémonos eco dunha nova enviada a Indymedia Galiza:

nom-a-festa.jpg

” 8 de Agosto do 2007

Hoje à manhá a capital do Lérez aparezía completamente cheia de pintadas Continue a ler ‘Pontevedra amence chea de pintadas’




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas