A tortura non é arte nen cultura

A suposta tradición non pode servir de pretexto para encubrir a máis elemental crueldade. As touradas constitúen un acto de abuso cara a un ser indefenso. Están organizadas, promovido e tolerado polas altas instancias e polos sectores máis reaccionarios da poboación, polos medios de comunicación e polo –escaso- público que o alenta e o apoia. Unha tourada non ten máis fin que ir esnaquizando o corpo dun animal non-humano e vendelo como un espectáculo. E os animais non son medios para que os humanos fagan con eles o que queiran.

4-1.jpg

Para calquera que respeta aos animais, e aínda para calquera que respeta as persoas, as touradas son un brutal acto de crueldade premeditada. O touro de lidia é un bóvido cuxa bravura non é máis que a selección que os gandeiros fixeron ao longo de moitos séculos e que acrecentaron incentivando os seus trazos violentos desde que o animal nace. A “festa” dos touros causa vergoña internacional, e non suscita precisamente admiración tal e como nos venden os medios de comunicación.

toros19.jpg

Asístese a un ensalzamento da especie humana sobre os demais seres vivos, nunha “loita” que remata sempre igual, dado que se parte de condicións desiguais: o touro previamente sofre unha inmensidade de maltratos, desde o desangamento a través do afeitado dos cornos, pinchazo e sangrado dos pulmóns, extirpación dos testículos, etc… Unha vez o animal aturdido e sen fortaleza encara o seu verdugo, a priori sofre o pinchazo das banderillas, provocándolle graves lesións musculares no espiñazo e unha importante hemorraxia; para logo amosarse máis indefenso sométese ao cansazo físico e incluso ás picadas bestiais na médula espiñal propinadas por un xinete. En consecuencia, o touro reproduce un comportamento dun ser vivo castigado e incitado a actuar violentamente.

2-1.jpg

As touradas non teñen nada a ver coa auténtica cultura e tradicións deste país. Significativamente, aqueles lugares do mundo onde se practica esta tortura son aqueles que nalgún momento da súa historia sufriron a colonización española: Portugal, América Latina, etc…

Iniciativas contra as touradas

Nalgunhas partes do mundo estanse a dar pasos adiante para unha maior e mellor protección animal: Nas Canarias as corridas están prohibidas, e en Venezuela presentouse recentemente un proxecto de Lei de Protección dos Animais Domésticos que prohibe de maneira explícita as touradas.

Dentro do ámbito municipal, foron varias as cidades do mundo que xa se declararon antitaurinas. Onde máis éxito tivo a iniciativa foi en Catalunya, onde Tossa de Mar asinou a primeira declaración, xa en 1989, e onde existen máis de 40 cidades antitaurinas, entre elas Barcelona, pero tamén se impulsaron e aprobaron declaracións semellantes noutros lugares afectados por esta “tradición” bárbara, como Coslada en España ou Mouans-Sartoux na Occitánia. A declaración de cidades e pobos “anti-taurinos” foi un paso importante para comezar a demandar unha verdadeira revisión do que é cultura e tradición.

Ao ficaren tais “festas” fóra do ámbito da Lei de Protección Animal 1/1993 e ao estaren portanto dentro das competencias do Ministerio de Interior do Estado Español, non podemos menos que exixir a necesaria reforma das gravemente deficitarias previsións legais na materia. En Pontevedra temos a desgraza de contar coa única Praza fixa de Touros de Galiza, alén do recinto multiusos da Coruña.

20-1.jpg

É posíbel que desaparezan

A supremacía da especie humana, a desigualdade, a impunidade e a tiranía xustifícanse ante a sociedade desde instancias superiores empregando un discurso mercantilista, no que se agochan todo tipo de intereses en favor do mercado, namentras se produce o enriquecemento duns poucos, a través dos recursos económicos públicos, que deberían ser destinados á maioría e ás necesidades sociais. Paralelamente, a mercantilización do discurso xustifica unha agresión ao direito á vida do touro, inxustificábel no caso doutros animais

A data de hoxe todo isto está permitido pola lei, está legalizado e considérase unha arte ou unha tradición, e os autores, os asasinos, son recibidos con aplausos, séntense os deuses do mundo e encima cobran cantidades millonarias por iso.

Porén, a inmensa maioría da sociedade galega está situada, claramente, en contra das corridas de touros e segue a ser unha ínfima minoría da poboación a que acode e apoia as touradas no noso País. Só o interese de determinados sectores oligárquicos e empresariais xustifica a súa pervivencia en Galiza, que é dos lugares do Estado onde menor seguimento ten.

grafico.jpg

Un espectáculo como éste non pode ser considerado “festa nacional” de ningún lugar civilizado, senón dun Estado que tamén aspira a ser considerado cruel, sanguento e violento. Os impostos que todos pagamos non poden seguir alimentando unha festa baseada na crueldade e tortura cara aos animais.

rafaellouzan.jpg

Para axudar á que desaparezan as corridas de touros, temos de mobilizarnos. Cremos que hai que evitar o pesimismo sobre a posibilidade de que desaparezan as corridas de touros, xa que rematarán cando a sociedade pronuncie de forma rotunda o que xa sinte, a sua oposición maioritaria. Tamén queremos evitar o típico razoamento: “non me gustan os touros, pero hai que ser tolerante”, xa que a tortura dun ser vivo entra precisamente nas actividades que si son intolerábeis. Por último, animamos á cidadanía pontevedresa a boicotar todo o que teña que ver coa tauromaquia: exposicións, bares, revistas, canles de TV, marcas, ong’s, políticos, artistas…


10 Responses to “A tortura non é arte”


  1. Agosto 14, 2007 às 8:39 am

    Gustaríame poder sentirme optimista e crer na posibilidade de que as touradas desaparezan por fin. Pero mentres os intereses económicos prevalezan sobre o sentido común, penso eu que seguiran asesinándose animais nas prazas. Síntome pesimista porque o día 5 de agosto entrei na Praza de touros de Pontevedra, e o que alí vin deixoume a alma morta. Había políticos de todolos partidos políticos, xente de tódalas edades, pero o peor de todo, ´había nenos, nenos que acudían á praza acompañados polos seus pais, e que movían os panos brancos e poñianse de pé, e aplaudían…E eu estaba alí, porque non podía crer o que estaba pasando. Quería ver a realidade, pero a realidade é moito máis cruel que calquera dos videos, que calquera das imaxes que vemos pola televisión.

    Contade co meu apoio nesta loita. E gracias por loitar en Pontevedra, contra esta barbarie

  2. 2 waltinho
    Agosto 14, 2007 às 11:35 am

    Sempre contra a tauromaquia, viva este blogue e que de a coñecer as barbaridades que se prestan nunha praza!!!! A tortura non é cultura!!!! Non o sacrificio de touros!!!!!

  3. 3 waltinho
    Agosto 14, 2007 às 11:37 am

    Pondrei un enlace no meu blogue deste espazo, penso que é unha obriga e non un dereito a defensa dos animais, a flora, en definitiva do mundo que non é noso só!!!

    http://ocioloxia.wordpress.com (páxina de concertos, teatro, cine, etc. en definitiva ocio no morrazo, con humor, crítica social)

  4. 4 casual
    Agosto 14, 2007 às 2:17 pm

    Un simples conselho: para o visitante casual, que bota umha olhada de 2 segundos a vossa pagina web, seria de mais impacto se revisades a orde das fotos que aparecem na animacom. As primeiras mostram simplesemnte gente na praza e nom o horror da tourada. Ate parece divertido e festeiro. Hai que esperar uns segundos para ver sangue, algo que moitos nom ham esperar.
    Grazas.

  5. 5 gaonera
    Agosto 16, 2007 às 11:24 pm

    Pequena puntualizacion,seica en Euskal-Herria hay uns cuantos festexos máis,mirade ben porque só mirando por enriba saenme 10 cosos con feira propia en de polo menos 5 corridas ó ano,dame a min que andades un pouco perdidos.E na Galiza si sumamos a feria dA Peregrina 5 máis a coruñesa outros 4 máis os 3-4 do coso móvil de Noia xa saen máis.

  6. Setembro 19, 2007 às 2:39 pm

    hay que remtar xa con este abuso, non podemos seguir observando como uns sadicos con fame de sangue seguen saciandose cos pobres animais, Abaixo a barbarie!!!

  7. 7 Lis
    Outubro 2, 2007 às 8:36 pm

    A verdade é que dende moi pequena sempre estiven contra ás barbaridades que suceden nas prazas de toros, xamáis puiden ne votar unha ollada a unha corrida nen por televisión, o único día q vin un segundo por error comencei a chorar coma unha tola, así q podedes imaxinar a miña opinión sobre este acto maquiavélico e sobre os cabróns (por chamalos de algunha maneira)dos toreros, que se enriquecen maltratando e asasinando uns coitados animais q non fixeron nada paras ser tratados así. Desexo de todo corazón q algún día rematen definitivamente estes espectáculos dantescos, e sinto verdadera vergoña de saber q no resto do mundo a festa española máis coñecida sea esta. Bicos

  8. Agosto 9, 2008 às 4:21 pm

    Adiante, isto tem que parar algúm día. Touradas fora da Galiza!

  9. Março 13, 2010 às 9:04 pm

    Perfect. pontevedraantitouradas.org is tne hsit.

    http://videosimpanation.blogspot.com/


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,319 visitas

%d bloggers like this: