Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Segue a actividade antitaurina da Coordenadora: asemblea aberta, acción-denuncia e audiencia no concello

Anúncios

Esta semana van continuar as actividades antitaurinas que organizamos desde a Coordenadora Antitouradas.

Mércores 4 de Agosto:

Reunión coa concelleira de festas de Pontevedra, Anxos Riveiro. (Concello de Pontevedra, Alcaldía, 13:30h). A Coordenadora trasladará á concelleira as nosas demandas xerais , con especial énfase naquelas que entren dentro das competencias municipais.

Asemblea Aberta Antitaurina. 20h no C.S Revira (Gonzalo Gallas, 4) . Plantexámola como unha reunión onde membros/as e non membros da Coordenadora, de outros colectivos, e persoas a título individual reflexionemos sobre as novas liñas a seguir e sobre o novo contexto aberto trala abolición das touradas en Catalunya, así como os eixos de acción de cara á abolición na Galiza.

Xoves 5 de Agosto, 13h:  Acción-precinto simbólico diante da entrada principal da praza de touros.

Anúncios