03
Ago
10

Segue a actividade antitaurina da Coordenadora: asemblea aberta, acción-denuncia e audiencia no concello

Esta semana van continuar as actividades antitaurinas que organizamos desde a Coordenadora Antitouradas.

Mércores 4 de Agosto:

Reunión coa concelleira de festas de Pontevedra, Anxos Riveiro. (Concello de Pontevedra, Alcaldía, 13:30h). A Coordenadora trasladará á concelleira as nosas demandas xerais , con especial énfase naquelas que entren dentro das competencias municipais.

Asemblea Aberta Antitaurina. 20h no C.S Revira (Gonzalo Gallas, 4) . Plantexámola como unha reunión onde membros/as e non membros da Coordenadora, de outros colectivos, e persoas a título individual reflexionemos sobre as novas liñas a seguir e sobre o novo contexto aberto trala abolición das touradas en Catalunya, así como os eixos de acción de cara á abolición na Galiza.

Xoves 5 de Agosto, 13h:  Acción-precinto simbólico diante da entrada principal da praza de touros.

Anúncios

2 Responses to “Segue a actividade antitaurina da Coordenadora: asemblea aberta, acción-denuncia e audiencia no concello”


  1. 1 PAZ DIZ RODRIGUEZ
    Agosto 3, 2010 às 7:34 pm

    AQUÍ ESTOU DENDE MUÍÑOS (OURENSE), ONDE ESTE MESMO 7 DE AGOSTO O REXIDOR DESTE CONCELLO TEN PENSADO PARA ANIMAR AO TURISMO ” MANDA CARALLO” UNHA TOURADA.
    NECESITO SABER SE ALGUNHA ASOCIACIÓN ESTARÁ POR AQUÍ PARA PRESTARLLES O MEU APOIO CONTRA A MASACRE QUE SE NOS AVECIÑA. SÓ TEÑO TELÉFONO DE CONTACTO: 628 30 87 96. GRAZAS

  2. 2 Widuk
    Agosto 4, 2010 às 12:15 pm

    Paz, yo ya había leido sobre eso, el alcalde dijo que lo hacían “porque tenemos un par” bueno pues eso no solo lo califica a el, si no tb a tu pueblo, porque si está ahí es porque lo votais. He leido que antes le hacían algo a un burro, creo, y como no le dejan pues ahora hacen corridas de toros, el caso es que si no sufre un animal no hay diversión.


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,325 visitas

%d bloggers like this: