28
Jul
10

A Coordinadora Antitouradas de Pontevedra loitará para que Galiza tamén prohiba a tortura animal

A entidade celebra o “paso de xigante” que representa a aprobación da ILP no Parlament de Catalunya


A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra manifesta a súa profunda satisfacción polo éxito da Iniciativa Lexislativa Popular “Prou” -respalada por 180.000 sinaturas e aprobada hoxe no Parlament de Catalunya por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións- que desterrará as touradas deste territorio a partir de 2012.

A medida representa un paso de xigante para o movemento antitaurino, xa que demostra a capacidade da sociedade mobilizada para deter a tortura de animais convertida en espectáculo. En realidade, a inmensa maioría da sociedade catalá -ao igual que a galega e a pontevedresa en particular- é desde hai tempo abrumadoramente contraria a este sanguento ritual convertido en negocio para uns poucos, aínda por riba subvencionados con abondosos fondos públicos. Con certeza, a decisión adoptada en Catalunya terá continuidade máis cedo que tarde noutros lugares, particulamente en Galiza: podemos afirmar que esta indignidade ten os días contados.

Neste sentido, a Coordinadora pregúntase de que serve contar cunha Lei de Protección Animal autonómica se exclúe explicitamente as touradas, xa que dificilmente podemos pensar a día de hoxe nun ataque tan cruel e público contra os animais, e aínda contra a vontade maioritaria da cidadanía (por poñer un exemplo, un estudo de Gallup reflicte que o 86% dos galegos “rexeitan ou aborrecen” as touradas).

Así, reiteramos hoxe as nosas principais demandas amparados por este interesante e proveitoso precedente, que se suma á prohibición das touradas nas Canarias en 1991: o cese inmediato de axudas ás touradas, a modificación da Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade, o cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a supresión nos programas de festas editados polo noso Concello, a declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais” e a  reconversión da praza de touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.

Por último, a Coordenadora anima a toda a sociedade a manifestarse o próximo sábado 31 ás 20:00 horas na Peregrina en protesta pola matanza anunciada de 24 touros durante as festas da cidade, e en defensa da abolición desta tortura. A manifestación está convocada por ducias de colectivos de todo tipo.

Anúncios

4 Responses to “A Coordinadora Antitouradas de Pontevedra loitará para que Galiza tamén prohiba a tortura animal”


  1. Julho 29, 2010 às 2:52 pm

    Apoiamos esta loita. Contade tamén con nós
    Contra a barbárie e impostura das tradicións alheas e sanguinarias que nos queren impor como património da humanidade (Rajoi dixit..)
    Nunca máis touradas!
    Saúdos fraternais

  2. 2 Neil Rodríguez Pons
    Julho 30, 2010 às 1:29 am

    Prohibir sí que vos había que prohibir a vos…

  3. 3 Ruben Sixto
    Julho 31, 2010 às 10:06 pm

    Vivan as touradas e todo o seu aquel que leva o redor.

  4. 4 bea
    Agosto 3, 2010 às 6:55 pm

    Ola !
    son da limia e queria comentar que este sábado día 7 vai haber unha tourada en Mugueimes concello de Muiños na baixa Limia..e eu farei unhas pegatinas e carteis en contra pero gustariame saber se alguén tiña pensado facer algo? ou se o sabiades.

    e tamén acepto todas as ideas e suxerencias para boicotear estas torturas

    moitas gracias


Deixe uma Resposta para PARTIDO COMUNISTA DO POVO GALEGO (PCPG) Cancelar resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: