Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Solidariedade e apoio da Coordenadora a Xulio Fernández, portavoz de “Matar por matar non”, agredido por cazadores

Anúncios

Desde a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra queremos solidarizarnos e amosar o noso completo apoio a Xulio Fernández, portavoz da plataforma ecoloxista amiga “Matar por matar non“, que foi en días atrás obxecto dunha malleira por parte duns cazadores desaprensivos mentres se atopaba nunha das súas propiedades. Denunciamos a actitude cobarde de quen non sabe se non expresarse coas persoas do mesmo xeito que o fai cos animais, mediante o maltrato e a violencia irracional.

Xulio é amigo e apoiante , conxuntamente con “Matar por matar non” dos antitaurinos de Pontevedra desde a nosa fundación. Desde esta humilde xanela na rede, recebe o noso mais afectuoso apoio.

Mais info. sobre a agresión en vieiros.

Anúncios