30
Jul
09

Empresarios taurinos ameazan e tentan agredir á membros da Coordinadora Antitouradas de Pontevedra

FAI CLICK NA SEGUINTE IMAXE PARA VER O VIDEO

“A tauromaquia é o malfadado e venal arte de torturar e matar animais en público. Traumatiza aos nenos e aos adultos sensibles. Agrava o estado dos neurópatas atraídos por eses espectáculos. Desnaturaliza a relación entre o home e o animal. Constitúe un desafío á moral, a educación, a ciencia, a cultura…”.

Unesco, 1980

vlcsnap-1412352Un dos numerosos actos realizados pola Coordinadora Antitouradas de Pontevedra tivo un final inesperado na mañá de hoxe, debido á agresividade dos que enchen os seus petos co sufrimento animal. A plataforma contra estes festexos precintou simbolicamente unha das portas de entrada da praza, co lema “precintado por tortura”, para anticipar unha realidade que agardamos que chegue máis cedo que tarde, e ordenada polas administracións públicas que agora amparan este cruel espectáculo.

No entanto, os empresarios taurinos agardaron a que marcharan os reporteiros gráficos para ameazar e tentar agredir aos integrantes da Coordinadora. Non se limitaron a retirar o precinto da porta entre insultos, senón que un dos presentes chegou a solicitar a outro, en claro ton ameazante, que “le acercase una escopeta”, ademais de proferir insultos orixinais como “cagones”, “portugueses” ou esixir “que habléis en español”.

vlcsnap-1413707A continuación, achegáronse violentamente contra os manifestantes e tentaron agredir ao que portaba unha videocámara, que estaba rexistrando o acto. Un dos empregados mesmo portaba un pao co que tentou golpear a un dos manifestantes.

Os empresarios das touradas non querían que ficase constancia documental da súa actitude prepotente e ofensiva, polo que advertiron ao cámara que lle ían “hinchar la cara a hostias”. Anteriormente, os empresarios xa restrinxiran o traballo dos medios de comunicación ao coñecerse as lesións que sofreu un touro cando era transportado cara ao seu lugar de martirio. Afortunadamente, a maior cordura dos contrarios á tortura animal impediu que o incidente pasase a maiores.

A responsabilidade dos irmáns Lozano

vlcsnap-1413967Na trifulca chegou a intervir Eduardo Lozano, empresario de Toledo que é o donos da praza a través da sociedade que comparte cos seus irmáns, pero non para calmar os ánimos, senon para tentar expulsar da rúa aos integrantes da Coordinadora.

Os irmáns Lozano adquiriron a praza de touros a finais dos 70, cando só se celebraba unha corrida, para recuperar unha barbarie en declive. Así, lograron aumentar os seus obscenos beneficios, en grande medida grazas ás axudas públicas, a costa da morte de máis touros segundo pasaba o tempo: 12 animais nos 80, 18 nos 90 e os 24 bóvidos asasinados cada verán desde hai algúns anos; unha triste bagaxe de máis de medio milleiro de touros mortos baixo a tortura incesante das banderillas e a espada.

Estes empresarios da tortura son mesmo repudiados no submundo da tauromaquia por numerosas irregularidades legais, débedas acumuladas e uns métodos e actitudes caracterizados pola “prepotencia e abuso de poder” (segundo os propios “matadores”), o que no seu momento levou á xustiza a anularlles a concesión da praza madrileña de Las Ventas.

vlcsnap-1413269Non resulta sorprendente en absoluto que quen considera ético lucrarse da tortura dos animais careza tamén de educación e respeto polas persoas. Carentes de empatía cun animal torturado ata a morte, carecen dela para comprender aos seus semellantes que lles reprochan tal atrocidade. En todo caso, non pensamos ceder á coacción e renunciar ás nosas liberdades de expresión, reunión e manifestación, nin temos que tolerar insultos e ameazas como as escoitadas na mañá de hoxe, motivo polo cal nos decidimos a facelos públicas. A pesar do violento intento de censura, a Coordinadora ten imaxes gravadas de todo o incidente –que son accesíbeis no noso web- polo que a súa veracidade está fora de toda dúbida.

Continúan os preparativos da mobilización

A iniciativa en prol da erradicación das touradas prosegue o seu traballo en prol da difusión social da convocatoria de mobilización, o próximo sábado 1 de agosto ás 19 horas na Praza da Peregrina. Ducias de faixas en pontos estrátexicos da cidade, centos de cartaces, e mesas informativas diarias convocan á cidadanía a expresar unha rotunda oposición a esta barbarie que quer disfarzar-se de cultura ou tradición.


20 Respostas to “Empresarios taurinos ameazan e tentan agredir á membros da Coordinadora Antitouradas de Pontevedra”


  1. 1 Andrés
    Julho 30, 2009 às 8:44 pm

    Parabéns á Coordenadora, tentaremos estar en Pontevedra este sábado.

  2. 2 jarrulo
    Julho 31, 2009 às 11:37 am

    Moi ben, que carallo facedes jodendo unha porta dunha propiedade privada, vos si que sodes os feixistas!

  3. 3 jarrulo
    Julho 31, 2009 às 11:42 am

    12 pail´ns, e inda por riba con estetica de peñas, cun pano no pescozo, sodes parvos,pero parvos eh?12 protestades e 7500 van a praza…mala cousa!

  4. 4 O do pano no pescozo
    Julho 31, 2009 às 12:37 pm

    A ver mente ilustrada. Tes que saber o que e un simbolo, pero non se me ocorren moitos monosilabos para cho explicar, e despois entender o que codifica, iso vaite levar algo mais de traballo.

    Sería a primeira porta que se jode por poñerlle celo. Ademais se e unha propiedade privada, por que obteñen centos de miles de euros en concepto de axudas dos organismos publicos que todos financiamos???

    e OUTRA COUSA AMIGO ILUSTRADO. Ha 30 anos centenas de milleiros de persoas daban saida ao seu sadismo en multitude de prazas de touros en toda Galiza. Hoxe so queda Pontevedra. A tendencia está clara. Mala cousa????

    Non o creo

  5. 5 pir
    Julho 31, 2009 às 1:42 pm

    Jarrulo, fas honra ao teu nick… Isto é un acto previo á manifestación, que se celebra mañá, e veremos se hai bastante máis de 12 persoas. E se non fose polas subvencións públicas, o “espectáculo” taurino xa non sería rentábel.

  6. Julho 31, 2009 às 9:28 pm

    Non fixeron dano ningún, é máis, os que verdadeiramente si tiveron un comportamento fóra de todo lugar foron os catro ou cinco “taurinos” que preferiron insultos de todo tipo contra os ali concentrados, con esa concentración non rematarán coa tortura animal na nosa cidade, pero é unha mostra máis de que non os queremos aqui e moito menos apoiados polas institucións galegas, é unha tortura animal e allea á nosa cultura e a nosa sociedade.

    Tedes o meu apoio sempre e cando respeitedes á xente que acude ás touradas, o estar en contra non quita que os que acoden á praza está no seu dereito, non lles dedes excusas para criminaliza-lo movemento anti-taurino de Pontevedra.

    Agardo que veña xente de toda a bisbarra.

  7. 7 Arume
    Agosto 1, 2009 às 3:55 am

    A Breogán, cómo podes pedir que se respete ós que van ás corridas, sabendo como saben o que vai pasar alí, 6 animais torturados até a morte en medio dun corral de xente aplaudindo; acaso respetan eles a vida deses animais? Respetas tí a xente que participa nunha lapidación?, pois en algún país é legal e están tamén no seu dereito. De qué respeto me falas que debo ter? O respeto se gana e non indo ás corridas, para min o estoque o levan todos.

  8. 8 paison xitana
    Agosto 1, 2009 às 11:58 am

    Estou da cordo con vos, penso que na manifestación chegaremos a estar 80.000 persoas
    que é a población de toda pontevedra.

    Haberá que fletar algun bus

  9. 9 pir
    Agosto 2, 2009 às 1:06 pm

    Lozano, gracias pola publicidade! A mani foi un éxito rotundo 😀

  10. Agosto 2, 2009 às 1:15 pm

    Arume

    ¿Que parte non entendiches das miñas verbas?

    Refírome que respeitede-la integridade física das persoas que acuden á praza de touros, non a súa moral, refírome a non encararse con eles como si fixeron cós antitaurinos os lamecús dos empresarios da praza, somentes me refiro a iso, joder, que semella que queremos darlle voltas a todo, eu por suposto que estou en contra das touradas, pero convivo con xente que vai a eles e gasta pasta gansa nas entradas, eu maniféstolles o meu rexeitamente a esa práctica pero a eles coma persoas respétoas, elixen libremente ir e non lles culpo por elo, o problemo é que hai ese espectáculo e poden ir.

    Un saúdo

    POr certo, a edición dixital da voz dixo que foron 60 persoas ¿¿??

  11. 11 pir
    Agosto 2, 2009 às 5:02 pm

    O da Voz non ten nome, que vergoña… Bon, hai un vídeo gravado e alí verase claramente que había centos de persoas.

  12. 12 candepalleiro
    Agosto 3, 2009 às 8:25 pm

    Son aficiciodo os touros, teño amigas e a miña parella estan en contra das touradas, eu defendo que os manifestedes, xa que penso que todo o mundo ten dereito a defender as suas ideas, pero pido por favor, respeto por outros aficiados as touradas como eu, o mesmo que teño por vos. Non me gustou que acabasen a manifa alguns de vos na praza de touros, e espero que non o fagades para a proxima, xa que sempre pode provocar algun altercado, e estando en festas non creo que sexa o mellor. Cada un entende as festas o seu modo, e para unha parte de Pontevedra os touros forman parte das festas, o mesmo que para outros o son as peñas, ou as procesions. Espero que teñades en conta a parte de poblacion que participamos nas corridas e nos deixedes disfrutar a nosa maneira. Non pido que nos entendades, so que respetedes as nosas ideas

  13. 13 Arume
    Agosto 4, 2009 às 5:42 am

    Alucino! Isto é como falarle ás pedras. NON é cuestión de respeto ó aficionado, a min dame polo saco cales sexan as túas aficións e o muito que pagues por elas mentras non perxudiques a ninguén; é cuestión de respeto á vida de todo animal, incluída a túa. E ningún animal, incluído ti, merece morir torturado e que aínda enriba o chamen “Festa”. Pregúntome nas fotos dos nosos gobernantes na praza que saen sorrindo en qué parte da faena se estaba, na que empeza o touro a botar sangue pola boca, na que lle clavan as banderillas e o pullazo ou en cal?, só para saber que é o que da tanta gracia na “Festa”, e que clase de conexións ten que facerse no cerebro para que de gañas de rir semellante espectáculo, se é que o hai. Por favor, iluminarme.

  14. 14 O do pano no pescozo
    Agosto 4, 2009 às 3:18 pm

    E repectabel a ablación do clitoris nalgúns pobos da Africa?? e respectabel a pedofilia como “hobby”?? e respectabel a milenaria tradición da lapidación??…

    Querido amigo (Can de palleiro) no vades ter descanso ate que esta manifestación sádica sexa erradicada. Non vai haber nin unha soa corrida sen oposición. Repito, isto nunca vai parar. Non haberá respecto polos partidarios da tortura.

    Unha aperta

  15. 15 Miguel
    Agosto 6, 2009 às 12:58 pm

    Vamos a ver Candepalleiro, como quieres que te respete como persona, como grupo o peña…. porqué?? porque sois 5000 sádicos juntos. Claro que no soy gilipollas, mi instinto de supervivencia me dice que NO me encare a 50 borrachos y sádicos disfrutadores de la tortura nacional para decirles lo idiotas que son, pero no me puedes pedir que te respete… para mi un tonto merece respeto, pero una persona que no quiere pensar no es tonta, es malo, no quieres ver el dolor real del animal el sufrimento, para ti esos sentimientos se agachan en tu interior por que no podrías soportar el imaginarte lo que puede sentir el toro en cada segundo que pasa desconcertado corriendo por la plaza, con miles de ojos vigilandolo sin el haber decidido ser actor, ni víctima.
    al torturador no lo puedo respetar, y al que lo alienta, lo apoya, lo enaltece menos aún… ASCO Y PENA ES LO KE ME DAIS.

    ke os pille el toro y yo sonreiré.

  16. 16 O do pano no pescozo
    Agosto 6, 2009 às 3:22 pm

    Clap clap clap clap!!!!!

  17. 17 ghaita!
    Agosto 6, 2009 às 8:48 pm

    Os taurinos son uns violentos!!!!

    Só hai que ver como se puxeron á saída da praza.

  18. 18 UmdeTantos
    Agosto 12, 2009 às 1:31 pm

    Hai que ter en conta que as peñas naceron como unha alternativa as peñas taurinas que acuden os touros. Hai que lembrar tamén que viñeron buses con xente de fora de Galicia para ver as corridas de touros, e xente de outros puntos de Galicia, así que non podemos dicir que eran 5 mil pontevedreses. O traballo non so foi reflectido na mani, senón que durante as semanas previas recolléronse centos e centos de sinaturas contra esta barbarie, e muita é xente que non foi a manifestación. O traballo conséguese na rúa traballando día a día en todos os ámbitos. Tamén sei que dentro de 5 ou 6 anos seremos unha gran masa a que nos manifestemos contra as touradas.

    Por último añadir que eu respeto a xente que queira ir a ver esta masacre, pero non respeto as corridas de touros polo que fan e polo que significan, e non pararei ate que esta barbarie sexa abolida na miña cidade, e logo no resto do mundo.

  19. 19 nin vaca, nin boi.
    Agosto 13, 2009 às 11:06 am

    SI forades traballar……………………

  20. 20 UmdeTantos
    Agosto 13, 2009 às 3:48 pm

    se te foras a merda


Deixe uma resposta para pir Cancelar resposta


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30.621 visitas