29
Jul
09

Roteiro Antitouradas – A coordenadora reivindica a fin das touradas perante as institucións

[blip.tv ?posts_id=2436135&dest=-1]

IMAGE_171A Coordinadora contra as Touradas de Pontevedra organizou un roteiro reivindicativo que percorreu as principais institucións públicas que teñen responsabilidades, dun ou doutro xeito, na pervivencia deste espectáculo de tortura animal na nosa cidade. A actividade serve de preludio á manifestación convocada este sábado ás 7 da tarde (desde a Peregrina), na que se agarda a presenza de centos de persoas, fartas desta “tradición” que nada ten a ver nin coa arte nin coa cultura.
A xornada comezou na delegación da Xunta de Galiza en Campolongo, onde se entregou un escrito no que se esixía a promulgación dunha lei de protección animal que inclúa especificamente as touradas entre as práticas prohibidas.

Acompañados en todo momento dunha faixa co lema “Touradas fora de Pontevedra”, a ducia de persoas participantes na iniciativa dirixíronse cara o Concello, onde se reclamou unha declaración de “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais, a supresión do evento do programa de festas e a retirada do espazo público da propaganda que incite á matanza de touros.

Faltaban aínda no percorrido a Subdelegación do Goberno e a Deputación de Pontevedra. A IMAGE_183ambas institucións reclamámoslles que deixen de subvencionar as touradas ou asociacións que promovan o maltrato animal con fondos públicos.

Por último, achegámonos ata a praza de touros. A Coordinadora reclama a súa reconversión nun coliseu para actos culturais, no momento en que nos libremos desta vergoña, cando as touradas pasen a formar parte dun pasado negro xa superado.

Nestes días, a Coordenadora continúa a pegada masiva de cartaces anunciando a manifestación e segue a instalar en horario de mañá e de tarde a súa mesa informativa na Praza da Peregrina, tendo de momento unha moi boa acollida entre a cidadanía a recollida de sinaturas e visualizando a actividade do noso colectivo. E recordade, o día 1 às 19h na Peregrina, IMAGE_185Manifestación Antitouradas en Pontevedra!!

Anúncios

1 Response to “Roteiro Antitouradas – A coordenadora reivindica a fin das touradas perante as institucións”


  1. 1 Noélia
    Julho 31, 2009 às 9:26 pm

    Férveme o sangue ante eses personaxes. Incultos… a onde vai ese coitado chamando portugueses como se fose unha grabndísima ofensa? As escolas franquistas fixeron moito mal polo visto.

    Non desistades irmáns, non poderei estar nesa manifestación mañá pero tedes o meu absoluto apoio.

    NON AO MALTRATO ANIMAL!!! NON A UNHA TRADICIÓN QUE NADA TEN QUE VER COA GALIZA. NON A IGNORACIA!!


Deixe uma Resposta para Noélia Cancelar resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: