Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Novas actividades e numerosas adesións á manifestación do día 1 de Agosto

Anúncios

Son xa numerosos colectivos e asociacións os que teñen expresado o seu apoio á convocatoria do día 1 de Agosto, como é o caso da plataforma “Galicia Mellor sen Touradas“, que aglutina 20 colectivos, a asociación animalista “Matar por Matar Non” , a protectora “Os Palleiros“, a asociación animalista “Libera“, o PACMA (Partido Antitaurino contra o maltrato animal), Verdegaia, a ONG Amarante,  Amigos da Terra, Isca! , Assembleia da Mocidade Independentista,  Acçom Antifascista, Galiza Nova , a A.C Revira , LNB (Liga Nacional de Billarda) a  A.C. Almuinha de Marín, así como o colectivo de Sarria e Lugo que organizou a manifestación antitouradas en Outarela hai un mes, os voluntarios do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas – Colectivoanimal (Asociación Protectora Sen Fronteiras), Asociación Protectora Moura, e tamén nos envía o seu apoio o “Colectivo Andaluz contra el maltrato animal”.

Nos próximos días agardamos novas adesións de colectivos ambientalistas e sociais (en permanente actualización)

Para aderir á manifestación, podedes enviar un correo a:  adesions@pontevedraantitouradas.org

A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra é unha plataforma aberta, plural e integradora a prol da erradicación das touradas na cidade de Ponte Vedra. Logo de 2 anos de traballo contra as touradas baixo o lema “Pontevedra Antitaurina”, durante os cales tiveron lugar diferentes campañas de sensibilización e mobilizacións, a Coordenadora pretende dar un paso adiante e facer visíbel a oposición da maioría dos pontevedreses e pontevedresas ao maltrato animal, con vocación pedagóxica e unitaria.

Así pois, apresentaremos en rolda de imprensa, neste mércores 22 de Xullo, o noso programa de actividades.

CALENDARIO DE ACTOS
Mércores 22 de Xullo de 2009: Rolda de prensa informativa (ás 12h no salón de actos do edificio dos sindicatos.)

Inicio da campaña de recollida de sinaturas e instalación de mesa na Peregrina. Asemblea da Coordenadora

– Venres 31 de Xullo ás 20h: Charla-Coloquio Antitouradas na praza da Pedreira. Con Rubén Pérez Sueiras (Galicia Mellor sen Touradas) e outra persoa por confirmar.

Sábado 1 de Agosto de 2009 ás 19h con inicio e fin na Peregrina (Ponte Vedra). MANIFESTACIÓN CONTRA AS TOURADAS POLA RÚAS DA CIDADE

– Mércores 5 de Agosto ás 20h entre a praza de San Xosé e Peregrina: ENCIERRO-ANTITAURINO (performance colectiva)


Para mais información: info@pontevedraantitouradas.org

Agradecemos tamén os apoios expresos que nos fixeron chegar: o blogue A Ponte Vella , o grupo musical INVIVO através de Mario César Vila, Ernesto Vázques Souza.


Anúncios