Arquivo de Julho, 2009

30
Jul
09

Empresarios taurinos ameazan e tentan agredir á membros da Coordinadora Antitouradas de Pontevedra

FAI CLICK NA SEGUINTE IMAXE PARA VER O VIDEO
[blip.tv ?posts_id=2440270&dest=-1]

“A tauromaquia é o malfadado e venal arte de torturar e matar animais en público. Traumatiza aos nenos e aos adultos sensibles. Agrava o estado dos neurópatas atraídos por eses espectáculos. Desnaturaliza a relación entre o home e o animal. Constitúe un desafío á moral, a educación, a ciencia, a cultura…”.

Unesco, 1980

vlcsnap-1412352Un dos numerosos actos realizados pola Coordinadora Antitouradas de Pontevedra tivo un final inesperado na mañá de hoxe, debido á agresividade dos que enchen os seus petos co sufrimento animal. A plataforma contra estes festexos precintou simbolicamente unha das portas de entrada da praza, co lema “precintado por tortura”, para anticipar unha realidade que agardamos que chegue máis cedo que tarde, e ordenada polas administracións públicas que agora amparan este cruel espectáculo.

No entanto, os empresarios taurinos agardaron a que marcharan os reporteiros gráficos para ameazar e tentar agredir aos integrantes da Coordinadora. Non se limitaron a retirar o precinto da porta entre insultos, senón que un dos presentes chegou a solicitar a outro, en claro ton ameazante, que “le acercase una escopeta”, ademais de proferir insultos orixinais como “cagones”, “portugueses” ou esixir “que habléis en español”.

vlcsnap-1413707A continuación, achegáronse violentamente contra os manifestantes e tentaron agredir ao que portaba unha videocámara, que estaba rexistrando o acto. Un dos empregados mesmo portaba un pao co que tentou golpear a un dos manifestantes.

Os empresarios das touradas non querían que ficase constancia documental da súa actitude prepotente e ofensiva, polo que advertiron ao cámara que lle ían “hinchar la cara a hostias”. Anteriormente, os empresarios xa restrinxiran o traballo dos medios de comunicación ao coñecerse as lesións que sofreu un touro cando era transportado cara ao seu lugar de martirio. Afortunadamente, a maior cordura dos contrarios á tortura animal impediu que o incidente pasase a maiores.

A responsabilidade dos irmáns Lozano

vlcsnap-1413967Na trifulca chegou a intervir Eduardo Lozano, empresario de Toledo que é o donos da praza a través da sociedade que comparte cos seus irmáns, pero non para calmar os ánimos, senon para tentar expulsar da rúa aos integrantes da Coordinadora.

Os irmáns Lozano adquiriron a praza de touros a finais dos 70, cando só se celebraba unha corrida, para recuperar unha barbarie en declive. Así, lograron aumentar os seus obscenos beneficios, en grande medida grazas ás axudas públicas, a costa da morte de máis touros segundo pasaba o tempo: 12 animais nos 80, 18 nos 90 e os 24 bóvidos asasinados cada verán desde hai algúns anos; unha triste bagaxe de máis de medio milleiro de touros mortos baixo a tortura incesante das banderillas e a espada.

Estes empresarios da tortura son mesmo repudiados no submundo da tauromaquia por numerosas irregularidades legais, débedas acumuladas e uns métodos e actitudes caracterizados pola “prepotencia e abuso de poder” (segundo os propios “matadores”), o que no seu momento levou á xustiza a anularlles a concesión da praza madrileña de Las Ventas.

vlcsnap-1413269Non resulta sorprendente en absoluto que quen considera ético lucrarse da tortura dos animais careza tamén de educación e respeto polas persoas. Carentes de empatía cun animal torturado ata a morte, carecen dela para comprender aos seus semellantes que lles reprochan tal atrocidade. En todo caso, non pensamos ceder á coacción e renunciar ás nosas liberdades de expresión, reunión e manifestación, nin temos que tolerar insultos e ameazas como as escoitadas na mañá de hoxe, motivo polo cal nos decidimos a facelos públicas. A pesar do violento intento de censura, a Coordinadora ten imaxes gravadas de todo o incidente –que son accesíbeis no noso web- polo que a súa veracidade está fora de toda dúbida.

Continúan os preparativos da mobilización

A iniciativa en prol da erradicación das touradas prosegue o seu traballo en prol da difusión social da convocatoria de mobilización, o próximo sábado 1 de agosto ás 19 horas na Praza da Peregrina. Ducias de faixas en pontos estrátexicos da cidade, centos de cartaces, e mesas informativas diarias convocan á cidadanía a expresar unha rotunda oposición a esta barbarie que quer disfarzar-se de cultura ou tradición.

Anúncios
29
Jul
09

Roteiro Antitouradas – A coordenadora reivindica a fin das touradas perante as institucións

[blip.tv ?posts_id=2436135&dest=-1]

IMAGE_171A Coordinadora contra as Touradas de Pontevedra organizou un roteiro reivindicativo que percorreu as principais institucións públicas que teñen responsabilidades, dun ou doutro xeito, na pervivencia deste espectáculo de tortura animal na nosa cidade. A actividade serve de preludio á manifestación convocada este sábado ás 7 da tarde (desde a Peregrina), na que se agarda a presenza de centos de persoas, fartas desta “tradición” que nada ten a ver nin coa arte nin coa cultura.
A xornada comezou na delegación da Xunta de Galiza en Campolongo, onde se entregou un escrito no que se esixía a promulgación dunha lei de protección animal que inclúa especificamente as touradas entre as práticas prohibidas.

Acompañados en todo momento dunha faixa co lema “Touradas fora de Pontevedra”, a ducia de persoas participantes na iniciativa dirixíronse cara o Concello, onde se reclamou unha declaración de “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais, a supresión do evento do programa de festas e a retirada do espazo público da propaganda que incite á matanza de touros.

Faltaban aínda no percorrido a Subdelegación do Goberno e a Deputación de Pontevedra. A IMAGE_183ambas institucións reclamámoslles que deixen de subvencionar as touradas ou asociacións que promovan o maltrato animal con fondos públicos.

Por último, achegámonos ata a praza de touros. A Coordinadora reclama a súa reconversión nun coliseu para actos culturais, no momento en que nos libremos desta vergoña, cando as touradas pasen a formar parte dun pasado negro xa superado.

Nestes días, a Coordenadora continúa a pegada masiva de cartaces anunciando a manifestación e segue a instalar en horario de mañá e de tarde a súa mesa informativa na Praza da Peregrina, tendo de momento unha moi boa acollida entre a cidadanía a recollida de sinaturas e visualizando a actividade do noso colectivo. E recordade, o día 1 às 19h na Peregrina, IMAGE_185Manifestación Antitouradas en Pontevedra!!

21
Jul
09

Novas actividades e numerosas adesións á manifestación do día 1 de Agosto

Son xa numerosos colectivos e asociacións os que teñen expresado o seu apoio á convocatoria do día 1 de Agosto, como é o caso da plataforma “Galicia Mellor sen Touradas“, que aglutina 20 colectivos, a asociación animalista “Matar por Matar Non” , a protectora “Os Palleiros“, a asociación animalista “Libera“, o PACMA (Partido Antitaurino contra o maltrato animal), Verdegaia, a ONG Amarante,  Amigos da Terra, Isca! , Assembleia da Mocidade Independentista,  Acçom Antifascista, Galiza Nova , a A.C Revira , LNB (Liga Nacional de Billarda) a  A.C. Almuinha de Marín, así como o colectivo de Sarria e Lugo que organizou a manifestación antitouradas en Outarela hai un mes, os voluntarios do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas – Colectivoanimal (Asociación Protectora Sen Fronteiras), Asociación Protectora Moura, e tamén nos envía o seu apoio o “Colectivo Andaluz contra el maltrato animal”.

Nos próximos días agardamos novas adesións de colectivos ambientalistas e sociais (en permanente actualización)

Para aderir á manifestación, podedes enviar un correo a:  adesions@pontevedraantitouradas.org

cartaz_antitouradas_ragA Coordenadora Antitouradas de Pontevedra é unha plataforma aberta, plural e integradora a prol da erradicación das touradas na cidade de Ponte Vedra. Logo de 2 anos de traballo contra as touradas baixo o lema “Pontevedra Antitaurina”, durante os cales tiveron lugar diferentes campañas de sensibilización e mobilizacións, a Coordenadora pretende dar un paso adiante e facer visíbel a oposición da maioría dos pontevedreses e pontevedresas ao maltrato animal, con vocación pedagóxica e unitaria.

Así pois, apresentaremos en rolda de imprensa, neste mércores 22 de Xullo, o noso programa de actividades.

CALENDARIO DE ACTOS
Mércores 22 de Xullo de 2009: Rolda de prensa informativa (ás 12h no salón de actos do edificio dos sindicatos.)

Inicio da campaña de recollida de sinaturas e instalación de mesa na Peregrina. Asemblea da Coordenadora

– Venres 31 de Xullo ás 20h: Charla-Coloquio Antitouradas na praza da Pedreira. Con Rubén Pérez Sueiras (Galicia Mellor sen Touradas) e outra persoa por confirmar.

Sábado 1 de Agosto de 2009 ás 19h con inicio e fin na Peregrina (Ponte Vedra). MANIFESTACIÓN CONTRA AS TOURADAS POLA RÚAS DA CIDADE

– Mércores 5 de Agosto ás 20h entre a praza de San Xosé e Peregrina: ENCIERRO-ANTITAURINO (performance colectiva)


Para mais información: info@pontevedraantitouradas.org

Agradecemos tamén os apoios expresos que nos fixeron chegar: o blogue A Ponte Vella , o grupo musical INVIVO através de Mario César Vila, Ernesto Vázques Souza.


18
Jul
09

Manifesta-te contra as touradas en Ponte Vedra no 1 de Agosto

A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra convoca unha manifestación anti-touradas no Sábado 1 de Agosto ás 19h con saída e fin na praza da Peregrina da cidade, e percorrido polas rúas da cidade.

cartaz_antitouradas_rag

6 pontos básicos

1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.

2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.

3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.

4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.

5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.

6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.

Preme en “ler máis” para acceder ás nosas razóns e á convocatoria en norma AGAL.
Continue a ler ‘Manifesta-te contra as touradas en Ponte Vedra no 1 de Agosto’




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,325 visitas