10
Ago
08

Dúas varas para medir

A Xunta multou con 600 euros unha carreira con catro porquiños engraxados en Barbadás. A decisión da Dirección Xeral de Conservación da Natureza parece lóxica e merece o noso apoio, mais os veciños da Valenzá xa preparan alternativa para o ano que vén: transportarán uns cochos desde unha devesa a centos de quilómetros, para encerralos nun caixón negro e levalos até Barbadás, onde anunciarán un novo espectáculo en centos de paneis metálicos.

Iso si, o novo cambio esixirá un traballo previo máis intenso, compensado pola posibilidade de cobrar entrada. Os animais xa morren de medo só coa estrés desa longa viaxe, mais tamén receberán continuas malleiras con sacos de area e daranlle fortísimos purgantes que lles abrasarán o intestino e causarán diarreas sanguinolentas. Quizais tamén se lles administren fármacos para debilitalos ou se lles serren os dentes cos que poden defenderse. Cortaranlle as pezuñas para impedir que fiquen parados e botaranlle nelas trementina queimante. Ademais, untaranlle vaselina nos ollos para que teñan unha visión borrosa. Por último, introduciranlle bolas de algodón nas fosas nasais para dificultar a respiración.
O espectáculo pagará a pena e superará con moito a carreira do ano pasado. Despois dos preparativos, sairán os cochos, xa asustados e feridos, a un cenario ocupado por unha multitude a berrar. Unha vez alí, un picador clavaralle unha lanza no lombo para destruir músculos, vasos sanguíneos e nervos. A continuación, clavaranlle unhas banderillas que seguirán dentro do corpo do animal cada vez que se mova, de xeito que prolongue a súa dor. Non hai límite para as banderillas, tantas como ature o cocho para ficar suficientemente consciente. Despois será o turno do heroe, alentado na prensa local, o que mareará  un animal xa víctima do esgotamento. Despois de torturalo un pouco máis, clavaralle unha espada de 80 centímetros, para destrozarlle o fígado, os pulmóns, a pleura ou as arterias, segundo cadre. Se non remata de morrer, clavaranlle repetidamente estocadas na medula espiñal coa puntilla, aínda que cabe a posibilidade de cortarlle unha orella mentres aínda agoniza.

A asociación veciñal confía en recibir xenerosos fondos públicos con este cambio na atracción das festas, que pasarán a se incluir no programa de promoción turística e  será presidida por algún cargo político, mentres a Consellaría de Medio Ambiente a considerará apenas unha tradición máis, e quizais a Dirección Xeral de Turismo as subvencione tamén. Todo co aplauso xeral dos meios de comunicación locais. Só lles preocupa que quizais alguén proteste e considere a festa unha tortura contra os animais -no fondo, unha mostra de incultura das persoas que non aprezan esta festa, esta arte que case é unha ciencia-, mais confían no traballo das forzas policiais, que están para atallar estas cousas.

Anúncios

0 Responses to “Dúas varas para medir”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: