Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Acto na rúa contra a propaganda taurina

Anúncios

A Plataforma Pontevedra Antitaurina organizou a pasada sexta un acto simbólico para animar á viciñanza a participar nas I Xornadas Antitouradas Galegas, así como da mobilización do 9 de agosto.

Un grupo de activistas desplegou unha faixa na entradado casco vello da cidade, á vez que se repartían ducias de trípticos informativos entre as viandantes, que amosaron unha grande receptividade, satisfeitas de comprobar que medra a oposición organizada ao rito anual da barbarie. Moitas persoas solicitaban tamén autocolantes ou achegábanse para transmitir persoalmente o seu respaldo á Plataforma, con expresións como “xa era hora de que xurdira isto”.

Ademais, boicotamos publicamente e á luz do día un dos cartazes anunciadores da Festa que asolagan esta cidade desde mediados de xullo, para espertar a indignación de moitas persoas veciñas da cidade e mesmo visitantes. Con total impunidade, as empresas involucradas neste espectáculo cruento fan apoloxía da matanza de touros, o seu negocio particular, nuns paneis que ocupan maior espazo público que calquera outro reclamo publicitario convencional. A pesar de ocupar as nosas rúas, os paneis só poden acoller publicidade pro-tortura animal, e a semana pasada un grupo de xoves era identificado –e previsiblemente sancionado- por exercer a liberdade de expresión neste espazo.

Aproveitamos a ocasión para dirixirnos aos meios de comunicación, nos que habitualmente só se recoñece a visión dos que se lucran coas touradas, para transmitir as que son as conviccións maioritarías do pobo galego, inimigo dunha tradición que tortura aos animais, allea á nosa cultura e asociada aos valores máis reaccionarios. Aínda que pouco a pouco, o discurso antitaurino vai atopando tamén aquí o seu oco, se ben nun espazo moito menor do que xa ten na rúa.

De Pontevedra Antitaurina mantemos abertas todas as frontes de traballo da campaña: coa recollida de sinaturas para que o Concello declare a cidade antitaurina; coa distribución de propaganda informativa, cartaces, dípticos e colantes por toda a cidade; coa celebración de eventos lúdicos alternativos coma o que celebremos hoxe; en definitiva, coa mobilización dunha viciñanza que berra xa abonda!

Anúncios