Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

De novo represión policial ao movemento antitaurino de Pontevedra

Anúncios


Unha vez mais, e tal e como aconteceu o ano pasado, a policía desprega os seus efectivos para facer valer os intereses empresariais dos donos do “recinto de tortura animal” de Pontevedra. Se hai un ano era a policía española a que retía e identificaba a plena luz do día a xóvenes antitaurinos que ían de colada, agora é a propria policía municipal a que actúa contra calquera oposición organizada contra as festas taurinas , exercendo, de facto, como axentes de seguridade privada ás ordes dos irmáns Lozano.

Non é a primeira vez que os cartaces das touradas son arrincados, tapados ou cubertos de pintura polos sectores sociais mais conscientes da nosa cidade. Do mesmo xeito, tampouco é a primeira vez que xóvenes antitaurin@s son vítimas de identificacións arbitrarias e asedio policial constante.

Ambos os dous feitos déronse na noite do venres para o sábado 19, cando unha vintena de paneis taurinos de toda a cidade foron boicotados con pintura preta, a maioria deles coa lenda “STOP touradas”. A mesma noite, un grupo de persoas, na sua maioria moz@s, foron retidos por meia hora, cacheados e identificad@s por un desproporcionado despregue da policía municipal, durante o cal o carro dun deles foi rexistrado e tod@s eles/as denunciad@s, acusad@s, supomos, de pintar de preto cartaces taurinos.

Non se entende tanta protección e cío para defender os panéis da empresa dos irmáns Lozano, que ocupan un espazo público que nos pertence a tod@s, e que publicitan unhas festas rexeitadas por amplos sectores sociais.

Como denunciamos con anterioridade, nestes días colocáranse masivamente cartaces taurinos de grandes dimensións, atados a mobiliario urbano, o que de facto supón unha invasión do espazo público , agravado na promoción dun atavismo execrábel. Por tanto, a plataforma Pontevedra Antitaurina vindica:

– A proibición de colocar propaganda que chame ao maltrato animal nas rúas da cidade, un incumprimento do Concelho da abondante lexislación nesta materia.

– A fin do asedio policial ao movimento antitaurino, con identificacións, retencións ilegais e boicotes continuados, exixindo a toma de medidas por parte das institucións públicas para evitar estes abusos.

De Pontevedra Antitaurina continuaremos a realizar actividades co obxectivo final da desaparición das touradas, e seguiremos a denunciar feitos como este. Para rematar, animamos aos sectores mais comprometidos coa erradicación da barbárie taurina a demostrar a súa oposición a esta cruel tradición do mesmo modo que @s xóvenes acosad@s pola policía.

Non deixes que a propaganda taurina invada a nosa cidade! STOP TOURADAS.

Anúncios