29
Jul
08

De novo represión policial ao movemento antitaurino de Pontevedra


Unha vez mais, e tal e como aconteceu o ano pasado, a policía desprega os seus efectivos para facer valer os intereses empresariais dos donos do “recinto de tortura animal” de Pontevedra. Se hai un ano era a policía española a que retía e identificaba a plena luz do día a xóvenes antitaurinos que ían de colada, agora é a propria policía municipal a que actúa contra calquera oposición organizada contra as festas taurinas , exercendo, de facto, como axentes de seguridade privada ás ordes dos irmáns Lozano.

Non é a primeira vez que os cartaces das touradas son arrincados, tapados ou cubertos de pintura polos sectores sociais mais conscientes da nosa cidade. Do mesmo xeito, tampouco é a primeira vez que xóvenes antitaurin@s son vítimas de identificacións arbitrarias e asedio policial constante.

Ambos os dous feitos déronse na noite do venres para o sábado 19, cando unha vintena de paneis taurinos de toda a cidade foron boicotados con pintura preta, a maioria deles coa lenda “STOP touradas”. A mesma noite, un grupo de persoas, na sua maioria moz@s, foron retidos por meia hora, cacheados e identificad@s por un desproporcionado despregue da policía municipal, durante o cal o carro dun deles foi rexistrado e tod@s eles/as denunciad@s, acusad@s, supomos, de pintar de preto cartaces taurinos.

Non se entende tanta protección e cío para defender os panéis da empresa dos irmáns Lozano, que ocupan un espazo público que nos pertence a tod@s, e que publicitan unhas festas rexeitadas por amplos sectores sociais.

Como denunciamos con anterioridade, nestes días colocáranse masivamente cartaces taurinos de grandes dimensións, atados a mobiliario urbano, o que de facto supón unha invasión do espazo público , agravado na promoción dun atavismo execrábel. Por tanto, a plataforma Pontevedra Antitaurina vindica:

– A proibición de colocar propaganda que chame ao maltrato animal nas rúas da cidade, un incumprimento do Concelho da abondante lexislación nesta materia.

– A fin do asedio policial ao movimento antitaurino, con identificacións, retencións ilegais e boicotes continuados, exixindo a toma de medidas por parte das institucións públicas para evitar estes abusos.

De Pontevedra Antitaurina continuaremos a realizar actividades co obxectivo final da desaparición das touradas, e seguiremos a denunciar feitos como este. Para rematar, animamos aos sectores mais comprometidos coa erradicación da barbárie taurina a demostrar a súa oposición a esta cruel tradición do mesmo modo que @s xóvenes acosad@s pola policía.

Non deixes que a propaganda taurina invada a nosa cidade! STOP TOURADAS.

Anúncios

2 Responses to “De novo represión policial ao movemento antitaurino de Pontevedra”


  1. Agosto 1, 2008 às 11:18 am

    Non extrana que a poli protexa a empresa dos touros, non en vano o xefe de taquillas e o xefe de seguridade da plaza de touros, son Polis locais de Pontevedra, isto e publico e notorio xa que recentemento o xefe de taquillas falou na radio sobre a venda de entrads, e o coñoce o xefe de policía eo alcalde de Pontevedra, pero unha vez que chegamos ao poder nos esquezemos de todo.

  2. Agosto 1, 2008 às 2:14 pm

    por si no lo sabeis mañana a las 11h de la mañana el grupo ecoloxista equanimal estarà en pontevedra haciendo una protesta el la calle fernandez villaverde (en la calle que baja de la michelena hacia la tienda casa. van a realizar un acto espectacular simulando ser toros con banderillas clavadas, ya lo hicieron igual en bilbao, animaros todos los que querrais, sera muy llamativo y espectacular, tenemos que unirnos todos los antitaurinos,la uniòn hace la fuerza.
    TEMOS QUE ACABAR CON ESA COSA QUE LLE CHAMAN CULTURA, PARA MI NON E MAIS QUE TORTURA E INGNORANCIA.


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: