24
Jun
08

Acabouse o tiro ao pombiño (polo momento)

Este ano O Grove non voltará repetir o triste espectáculo do campionato de tiro ao pombiño, evento turístico no cal ducias de sádicos se dedicaban a disparar contra estes indefensos animais, aos que anteriormente recurtaran a cola para facer máis “interesante” o seu xogo.

Infelizmente, non foi a sensibilidade ante o sofrimento dos animais a que logrou paralisar este espectáculo tan semellante ao taurino, senón outras razóns, se ben relacionadas coa lexislación ambiental. Non contentos con esta barbarie, os organizadores tiveran a orixinal idea de organizar o campeonato a carón dun humidal protexido Umia-Grove, co cal cada ano caían quilos e quilos de chumbo, para envelenar peixes, aves e quizais ata os mariscos que despois comían os propios turistas, nunha nova mostra de irracionalidade. A Administración estivo tan rápida como de costume, e o ano pasado atreveuse a poñer unhas mínimas condicións –munición “ecolóxica”, instalación de pantallas para que non caise o chumbo, etc…- que por suposto non cumpriron os tiradores, acostumados á complicidade coas institucións.

Non obstante, a Consellaría de Medio Ambiente non tivo máis remedio que iniciar un expediente de sanción –que non resolveu un ano despois- debido á presión popular, e esixir que este ano cumpriran as condicións.

Os organizadores alegaron que non era posíbel conseguir munición sen chumbo –o que é falso, só que sería máis cara- e decidiron cancelar o torneo, para desgusto de algúns empresarios que non calibran o que este espectáculo sádico denigra a imaxe da vila, da comarca e da Galiza.

É de destacar neste proceso a negativa actitude do goberno local, no que só o BNG se opoñía ao torneo, pero que rematou por votar a prol da permanencia do torneo en virtude do pacto de goberno e da decisión dos seus socios, PSOE, Partido Galeguista e Esquerda Unida, unidos en defensa desta barbarie cruel, indigna e contaminante. Para completar o cadro estaba o PP, na oposición, que lles reprochou que non foran quen de facer máis por esta tradición, que debe ser tan milenaria e galega como as touradas.

Parece difícil que se recupere este torneo despois da súa interrupción, xa que os tiradores comezaran a buscar outro lugar onde descargar a súa adrenalina matando animais. Aínda así, teremos que estar atentos ante os posibles intentos de recuperación en anos vindeiros, non sen antes felicitármonos deste paso histórico, que anticipa a grande festa que suporá algún día, e máis pronto do que tarde, a erradicación das touradas en Pontevedra.

Anúncios

0 Responses to “Acabouse o tiro ao pombiño (polo momento)”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: