24
Jun
08

A terríbel contradición asasina

Non temos mais que ler con atención os mediocres xornais galegos para decatarnos de que día a día entran en dúcias de contradicións, as máis das veces dependendo de quen pague a información. Os “estómagos agradecidos” tratan ben a quen lle da de comer, e non dubidan un instante en tratar idénticos feitos con diferentes prismas de falsa obxectividade. As mais das veces estas mesmas contradicións son as que emanan do propio poder estabelecido, como o caso que nos ocupa:

CASO 1:


Feitos:Un veciño de Boiro cunha barra de ferro tortura e asasina o seu can.

Acción das institución/ xustiza/institucións: inícianse dilixencias xudiciais. Deteñen ao asasino.

Reacción da imprensa : condena sen paliativos dos factos. Fotos arrepiantes. Descricións tremebundas. “O suceso causou unha gran conmoción entre a veciñanza da parroquia de Belesar e tamén chegou a conmover aos axentes que actuaron nas dilixencias debido ao panorama horrible co que se atoparon ao chegar ao lugar.” “O animal presentaba unha ferida na cabeza, que estaba en carne viva, e tamén tiña as orellas cortadas.”

CASO 2

Feitos: Un profesional do sadismo, millonario, martiriza e asasina dunha estocada a un touro, nun acto cun enfervorecido público que se entusiasma co derramamento do sangue. Unha banda de música ameniza o ritual. Apláudese ao torturador e sácase a ombros do recinto do terror.

Acción das institucións/xustiza: inhibición / silencio administrativo / financiamento às ganderías taurinas / financiamento ao terror da tauromaquia / proselitismo en Bruxelas / declaracións públicas de conformidade.

Reacción da imprensa: titulares en portada apoiando a tauromaquia / panexíricos dos matadores / publicidade dos actos sádico-taurinos. “José Tomás se ha convertido en mucho más que un torero, el mejor de las últimas décadas, según los críticos. A sus 32 años, este hombre introvertido, de pocas palabras, serio, misterioso y discreto, con un halo de misticismo.”

Onde quedou a principio de proporcionalidade , a igualdade perante a lei, a lexislación en direitos dos animais, a dignidade, a coherencia? A que xoga o poder co apoio explícito da prensa-lixo?

Deixamos ao leitor que chegue ás súas proprias conclusións.

STOP O MASACRE TAURINO. GALIZA POR SEMPRE ANTITAURINA.

Anúncios

1 Response to “A terríbel contradición asasina”


  1. 1 Macmillan
    Julho 3, 2008 às 12:42 pm

    Esa xente non ve a dor dos animáis, e ademáis do horror que causan aos touros, empurran á morte a tantos toureiros: Ensálzanos, aplaudenlles e se un día os cornean ata morrer din que alcanzaron a gloria, o mito… No programa 59′ un xornalista falando da Eurocopa dixo que Cesc Fábregas dando pases era coma José Tomás nas Ventas. Daí a dicir que os xogadores españois eran todos fascistas nos anos 60 só hai un paso; eu só vin a dous dicir que lles gustaba o toureo, e só a un alardear diso.

    Xustamente Barcelona declarouse cidade antitaurina, e na seguinte corrida de touros que houbo na cidade falaron dela coma “lo más grande en el mundo de los toros”. A maquina de propaganda funciona e ten medios. Poucos diarios españois de ámbito estatal pasan de cubrir esas atrocidades (p. ex. Público).

    Dicía Manuel Rivas que él respeita profundamente a figura dos toureiros ou a dos boxeadores, que conservaban a dignidade entre tanto entorno apodrecido. Os toureiros chegan a ter 10 veces máis estrés que os demáis homes en situacións normais. O que hai que facer é valorar o esforzo na súa medida, promover a educación física a todos os nenos en vez dunha sociedade de gordos e enclenques a aplaudiren a millonarios nos que se ven reflexados. A maioría da xente en España, Francia, Portugal, México e demáis lugares onde se fan corridas estamos en contra delas, pero como a espiral do silencio é unha minoría a que esbardalla coma se fose a “Fiesta nacional”.


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: