Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Sarria queda sen touros

Anúncios

O San Xoán non incluirá este ano no seu programa a corrida de touros que organiza desde fai 30 anos o empresario Juan Santos.

O motivo polo que non haberá este espectáculo é unicamente económico. O organizador solicita o apoio do Concello e os responsables municipais non están dispostos a achegar ningún diñeiro, aínda que si lle darán os correspondentes permisos para celebrar a corrida se os solicita e asume o risco.

Juan Santos afirma que na pasada edición o Concello só tivo que asumir unhas perdas de 1.516 euros, cantidade que até no Concello estarían dispostos a asumir. As condicións doutros anos é que empresa e administración local asumían os gastos de organización ao 50% e repartían o despacho de billetes. Se había perdas o diñeiro saía das arcas municipais.

A última posibilidade será cando Juan Santos visite Sarria a finais deste mes para falar novamente con membros do equipo de goberno e intente convencelos de que manteñan os acordos de anos precedentes, pero o acordo é agora mesmo case unha utopía.

A relación de Juan Santos con Sarria iniciouse en 1978 cunha corrida na que participaron Emilio Muñoz (actual comentarista taurino de Canal plus), David Luguichano e o rejoneador Fernando Sanmartín. Desde ese día sempre se encargou de organiza o festexo taurino no San Xoán.

O desembolso máis importante no caso de Sarria é montar toda a infraestrutura da praza portátil ao carecer a localidade dun recinto fixo. «Obríganos a desprazar a tres camións de grande tonelaxe máis todo o que custa montala. O gasto supón máis de 6.000 euros», afirma Juan Santos, que engade que non ten este problema en localidades como Benavente, León, Astorga ou A Coruña. Con unha praza fixa si sería posible que organizase o festexo sen necesidade do respaldo municipal.

Juan Santos afirma que nos últimos días recibiu chamadas de peñas de toda Galicia para reservar entradas. A máis numerosa é a de Cartelle (Ourense), cuxo presidente, Jaime Sousa, manifestoulle que este ano estaban dispostos a acudir en tres autobuses.

O empresario tamén manifesta que realizou numerosas visitas a Sarria para entrevistarse con membros do equipo de goberno e que en varias ocasións non lle recibiron. Esta acusación foi rexeitada polo tenente de alcalde, Pablo López, que manifestou que nunca solicitara unha reunión con el e que se o facía estaba disposto a concederlla sen ningún tipo de problema.

vía: la voz de galicia

Anúncios