Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Antitaurinos de Equanimal saltan á praza de Las Ventas Madrid

Anúncios

O 4 de Maio de 2008 seis activistas de Equanimal saltaron ao ruedo das Ventas (Madrid) durante unha corrida de touros. Estaba sendo retransmitida en directo por TV. Era a primeira vez que unha organización polos dereitos dos animais plantaba cara ao mundo taurino no corazón mesmo da tauromaquia.

A impunidade das prazas de touros rematou. Xa nada será igual. O meios de comunicación resaltaban que esta acción marcaba un antes e un despois no activismo antitaurino. Equanimal tomara a praza de touros máis importante do mundo.

Con esta acción non violenta Equanimal conseguía atraer a atención dos medios de comunicación. Noticiarios de televisión e radio, prensa escrita e medios dixitais facíanse eco da noticia. O obxectivo estaba cumprido: dar un golpe de efecto para nova revitalizar o debate sobre a abolición da tauromaquia.

“Durante as semanas previas á acción preparámosnos concienzudamente para que todo saíse ben. Foi un intenso traballo de investigación e recollida de datos. Varios activistas repartíanse os diversos traballos necesarios para que o asalto ao ruedo chegase a bo fin. foi un duro golpe para o mundo taurino: xamais pensaron que unha organización defensora dos animais atrevésese a saltar ao ruedo máis importante do mundo. Foi o primeiro asalto ao ruedo. Pero haberá máis.”

vía: asaltoalruedo

Anúncios