Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

EEUU: Lei terrorista contra activistas polos animais

Anúncios

O Congreso dos EEUU tería aprobado durante o 2006 unha Lei , denominada “Animal Enterprise Terrorism Act” destinada á defensa das corporacións que comprenden actividades económicas relacionadas coa explotación de animais. A lei, debido á súa ambigüidade, enmascara artigos que facilitarían a imputación de activistas pro-animais baixo a acusación de terrorismo.

A nova foi recollida por Rebelión.org nun interesante repaso polas 25 notícias mais censuradas nos EEUU durante o 2006, onde David Hoch e Odette Wilkins, do “Vermont Journal of Environmental Law”, sinalan como o termo terrorismo “se ampliou perigosamente para incluir calquera interferencia, ou promoción de interferencia contra as operacións de empresas vencelladas aos animais”.

A contestación nos EEUU está representada por uns 160 grupos diversos, encabezados pola Unión Americana polas Liberdades Civís” (ACLU) que “se opoñen a esta Lei argumentando que a súa terminoloxía resulta vaga e perigosa, á vez que plantexa un conflito importante coa Constitución dos EEUU (…) dado que a definición de “empresa animal” podería abarcar a práctica totalidade do comercio do país”.

Anúncios