Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Duro golpe contra o “tiro ao pombiño”

Anúncios

A Consellaría de Meio Ambiente abriu un expediente sancionador ao Hotel Hesperia, organizador , xunto coa “Federación de Tiro al Vuelo”, do campionato de tiro ao pombiño que tivo lugar no mes de Xullo na illa da Toxa.

Oganizacións ecoloxistas subscribiran nese mes un manifesto contra a celebración do campionato de tiro “al vuelo”, “eufemismo baixo o que se agocha mutilar e masacrar a tiros a milleiros de crías de aves indefensas para satisfacción duns mal chamados “deportistas”. Na altura, lograran mobilizar un bó número de colectivos nunha marcha vindicativa.

Os ecoloxistas denunciaban, por unha parte, que as aves “percorreron centos de quilómetros por estrada, e logo de sérenlle recortadas as plumas da cola para que non podan dirixir o seu voo, sóltanse xusto diante do tirador”. Por outra banda, tamén alertaban da “contaminación durante décadas da nosa ría con quilos e quilos de perdigóns de chumbo, que envelena aos nosos mariscos e aves nun espazo natural de incalculable valor, protexido internacionalmente”.

A loita contra o tiro ao pombiño é outro frente máis dentro da vindicación dos dereitos dos animais, que son sometidos a torturas insuportábeis para o divertimento duns poucos, autodenominados “deportistas” ou incluso “artistas”. Mais o maltrato a animais, para nós, o único que demostra é a insensibilidade e a pervivencia de tradicións atávicas que deben ser erradicadas. O nível de desenvolvimento dunha sociedade tamén se mide polo trato que da aos animais. Por tanto, loitemos contra o tiro ao pombiño, contra as touradas, e contra todos aqueles exponentes da tortura animal. Por eles. Por nós.

vía: http://cesalnes.blogspot.com

Anúncios