Arquivo de Setembro, 2007

17
Set
07

e mentres tanto, os ianquis…

As imaxes que reproducimos a continuación falan por sí propias.. Corresponden a un experimento da Forza Aérea dos USA, consistente en aturdir a un porquiño cun “táser”. O vídeo foi conseguido pola organización animalista “PETA” (People for the Ethical Treatment of Animals).

Non hai moita diferenza co sufrimento do touro no “ruedo” taurino, co agravante de que nas touradas o obxectivo é divertir a unhas decenas de persoas sedentas de sangue.

17
Set
07

564 millóns de euros das arcas públicas para as touradas

Según se desprende dun macro-informe elaborado pola fundación animalista “Altarriba“, as administracións públicas adican 564 millóns de euros anuais á subvención das touradas. Do estudo ficaron excluídas as axudas indirectas como a financiación aos gandeiros, subvencionados incluso con fondos comunitarios.

Asemade, anímase á cidadanía á obxeción fiscal e a vindicar perante as institucións públicas que o diñeiro dos contribuíntes non pode ir parar, baixo nengún concepto, a unha “festa” que 7-1.jpgconsiste na violación flagrante dos dereitos animais, ademáis de constituír unha perversa forma de diversión.

Desde a nosa plataforma vimos denunciando o financiamento das touradas en Pontevedra por parte da administración, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, que destina cuantiosas sumas á promoción do atavismo e da crueldade “en chave hispana”. Ademáis, cremos que o Concello non debería prestar nengún tipo de colaboración á empresa “Plazas y Toros S.L”, culpábel do martírio anual durante as Festas da Peregrina.

No noso país temos tristes exemplos, como o do Concello da Coruña , que aportou enormes sumas das arcas municipais durante anos co obxecto de inocular na sociedade un particular modo de entender a relación dos humanos cos animais. E todo pesia a completa apatía da cidadanía galega, sempre contraria a esta festa, como evidencia a ínfima implatación das touradas no país.

Casos como o de Noia, onde o novo goberno electo suprimiu as axudas ás touradas, animan as nosas vindicacións e fannos crer firmemente nunha Pontevedra comprometida cos dereitos dos animais, e contra a tortura inhumana e cruel que supón o lamentable espectáculo hispano das “corridas”.

Un atavismo que non pode ter continuidade no noso país, alleo por completo a unha tradición importada e españolizante que reúne aos sectores máis reaccionarios da nosa sociedade, responsábeis do holocausto anual de 60.000 touros. Todo para o divertimento duns “privilexiados”. E aínda haberá algún “intelectual” (*galego) que conciba a tauromaquia como “metáfora de la vida heroica”?

13
Set
07

EEUU: Lei terrorista contra activistas polos animais

O Congreso dos EEUU tería aprobado durante o 2006 unha Lei , denominada “Animal Enterprise Terrorism Act” destinada á defensa das corporacións que comprenden actividades económicas relacionadas coa explotación de animais. A lei, debido á súa ambigüidade, enmascara artigos que facilitarían a imputación de activistas pro-animais baixo a acusación de terrorismo.

bush animal

A nova foi recollida por Rebelión.org nun interesante repaso polas 25 notícias mais censuradas nos EEUU durante o 2006, onde David Hoch e Odette Wilkins, do “Vermont Journal of Environmental Law”, sinalan como o termo terrorismo “se ampliou perigosamente para incluir calquera interferencia, ou promoción de interferencia contra as operacións de empresas vencelladas aos animais”.

A contestación nos EEUU está representada por uns 160 grupos diversos, encabezados pola Unión Americana polas Liberdades Civís” (ACLU) que “se opoñen a esta Lei argumentando que a súa terminoloxía resulta vaga e perigosa, á vez que plantexa un conflito importante coa Constitución dos EEUU (…) dado que a definición de “empresa animal” podería abarcar a práctica totalidade do comercio do país”.

12
Set
07

Duro golpe contra o “tiro ao pombiño”

A Consellaría de Meio Ambiente abriu un expediente sancionador ao Hotel Hesperia, organizador , xunto coa “Federación de Tiro al Vuelo”, do campionato de tiro ao pombiño que tivo lugar no mes de Xullo na illa da Toxa.

Oganizacións ecoloxistas subscribiran nese mes un manifesto contra a celebración do campionato de tiro “al vuelo”, “eufemismo baixo o que se agocha mutilar e masacrar a tiros a milleiros de crías de aves indefensas para satisfacción duns mal chamados “deportistas”. Na altura, lograran mobilizar un bó número de colectivos nunha marcha vindicativa.

pombino.jpg

Os ecoloxistas denunciaban, Continue a ler ‘Duro golpe contra o “tiro ao pombiño”’




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,319 visitas