Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Crónica dunha morte anunciada

Anúncios

O TOURO NON SOFRE:

Video de Liberaong , parte dunha serie de varios capítulos sobre as touradas en Barcelona. É bastante duro, avísamosvolo, mais amosa á perfección o grao de sadismo ao que chegan os promotores e executores deste ruín espectáculo.

Eis a descrición do “proceso”:

Logo de burlar ao animal co capote, o picador crávalle nas costas a “puya”, unha lanza que esnaquiza músculos (trapecio, romboideo, espinoso, semiespinoso, serratos, transversos do pescozo, etc. Lesiona ademais vasos sanguíneos e nervios, abríndolle grande boquetes, por onde logo poden afundirse as banderillas, uns paus terminados en arpóns de aceiro cortante e punzante, de 6 ou 8 cm. de lonxitude. Algunhas banderillas de máis lonxitude son denominadas “de castigo” , utilizadas cando o touro logrou evadir a lanza do picador. As banderillas prolongan o desgarramento e afondamento das feridas interas. Non hai límite ao número de banderillazos: tantos como sexan necesarios para desgarrar os tecidos e pel do touro.
A perda de sangue e as feridas da espiña dorsal impiden que o touro erga a cabeza de maneira normal, e é cando toureiro pode achegarse. Co animal xa perto do agotamento, o toureiro non se preocupa do perigo e pode darse o luxo de retirarse do touro despois dun pase especialmente “artístico botando fóra o peito e fachendeando ao recibir os aplausos do público.
“Logo atravesan ao touro cunha espada de 80 cm, que pode esnaquizarlle o corazón, o fígado, os pulmóns, a pleura, etc., segundo o lugar polo que penetre no corp o do animal. De feito, cando esnaquiza a arteria aorta, o touro agoniza con enormes vómitos de sangue.

 

 

“O animal, nun intento desesperado por sobrevivir, resístese a caer, e pola súa gran memoria adoita encamiñarse cara á porta pola que entrou (porta de “chiqueros”), buscando a saída pola que fuxir de tanto maltrato e dor. Pero entón apuñálano na caluga co descabello”.

 

“Malia estes terribles tormentos, o animal non adoita morrer, pola súa gran potencia física, pero finalmente cae ao chan. Entón remátano coa puntilla, un coitelo-puñal de 10 cm, co que intentan seccionarlle a medula espinal, á altura das vértebras atlas e axis.

“O touro queda así paralizado, sen poder sequera realizar movementos cos músculos respiratorios, polo que morre por asfixia.”

A MORTE DO TOURO
Fonte: Dr. Enrique Rubio

O tema concreto da morte do touro na praza, desde o punto de vista estrictamente físico, non aparece descrito (e case nin tratado) nos textos ou informes sobre o tema. De feito, os propios” toreros” ao parecer tampouco saben nada respecto diso, e ata é unha cuestión para esquivar. Boa parte do que se describiu no apartado anterior está encamiñado a garantir ao máximo o momento de matalo, e nada é accidental ou simplemente “estético”.

Para matar ao touro hai que entrar na súa caixa torácida por detrás, literalmente hai que “matalo por detrás”, e romper un dos grandes vasos que transportan o seu sangue, que é o que o mantén vivo. Para iso o pobre animal debe dar as facilidades necesarias, colocándose de forma que o estoque penetre polo único sitio posible e o mate. A “faena” do torero consiste en facer que se coloque así, xa que doutra forma a arma cravaríase nun óso (o que eles chaman “pinchar”).

 

O animal, como se ve na primeira fotografía deste bloque, debe estar coa cabeza baixa (para ofrecer un branco amplo e despexado) e as pezuñas dianteiras xuntas (para que as clavículas se separen o máis posible e o oco de entrada sexa grande). Para conseguir este resultado, o torero vaino “humillando” (ensinándolle a baixar o fuciño), axudado polo propio cansazo do animal e as lesións da puya.

 

 

O obxectivo son os vasos que entran e saen dos pulmóns. Se se cercena a arteria, a agonía será máis rápida, pero se é a vena, entón o torero conseguiría unha morte lenta, chea de estertores, horrible e, para os afeccionados, “pouco estética”. Indicar que os toreros diestros de cando en cando acertan coa arteria aorta.

 

A perforación dun pulmón, cando é unha estocada lateral ou inclinada lateralmente, provoca a morte por desangramiento, e o touro adoita sangrar pola boca de forma abundante.

 

 

 

Despois de que lle esnaquicen as vértebras, o touro perde o control sobre o seu corpo desde o pescozo cara abaixo; con todo, cara arriba mantense intacto, polo que está consciente de cando se lle corta o rabo, as orellas e os testículos, así como de cando é arrastrado lonxe do ruedo. Estes serán, pois, os seus últimos segundos de vida. Os seus últimos e tan desexados segundos que porán fin a tanto sufrimento e dor.

 

 

 

 

A “suerte de varas”, pola súa banda, é unha brutalidade engadida: un corpo de varios centos de quilos, que se despraza a unha velocidade próxima aos 40 km/h, e que é detido de forma brusca polo “tope” que significa o cabalo do picador. A enerxía deste choque transmítese ao cráneo, á columna cervical, ao cerebro e á medula. Isto sen mencionar a parte que lle corresponde ao cabalo.

 

Respecto os cabalos dos picadores, elíxense a cabalos que xa non teñen valor comercial, así que o animal morre en 3 ou 4 corridas ao moito. É moi habitual que o animal sufra roturas múltiples de costelas ou destripamentos. Dróganos e énchenlles as orellas con papel de xornal mollado para que saian á praza, xa que o terror faríaos saír correndo.

Desde 1925 colócanlles un peto simulando protección, pero en realidade trátase de que o publico non vexa as feridas do cabalo que con frecuencia presentan exposición de vísceras (algunha vez chegáronlle a introducir de novo os intestinos e a coserlles a tripa para que aguanten outra corrida). Ademais, para que non relinchen de espanto e de dor (e non molesten ao respectable público), amputaron as súas cordas vocais, e se atemorizados polo pánico se negan a volver ao “ruedo”, queimáranlles os testículos con descargas eléctricas ou xornais acesos, e ata lles quitarán os ollos.

A mancadura que a puya lle fai ao touro pode cualificarse de dramática. Estamos falando dunha hemorraxia de varios litros de sangue acompañado de destrozos musculares e partes brandas do corpo.

 

“Só é explicable que o touro siga vivo e con bravura, pola síntese de sustancias analxésicas (aschamadas endorfinas (1), ou morfinas internas) que deben ir paralelas á produción dunha enorme cantidade de adrenalina que necesita para manter a súa agresividade

 

(2). “A adrenalina producida polo touro é tan abundante, que cando manipulei os seus restos, o cheiro a adrenalina nas mans duroume varios días.” (Dr. EnriqueRubio)

 

(3) Os datos aportados polo Dr. Illera no seu estudo demostran que o touro libera durante a lidia dez veces máis betaendorfinas que un ser humano, unha cantidade extraordinaria, que obviamente necesita para paliar un extraordinario sufrimento, punto que outorga a razón con datos científicos a quen afirmamos que é unha crueldade.

 

 

 

Artigo orixinal de Altarriba e Antitauromaquia.es

Tradución de Pontevedra Antitaurina.

Fotos: cop. SHARK, ACTYMA, CRAC

 

 

 

Anúncios