14
Ago
07

peña pro-taurina súmase á campaña de acoso contra a Plataforma

taurinos.jpg

Peña pro-taurina súmase á campaña de acoso á Plataforma Antitaurina de Pontevedra

Desde hai dous días, o blogue dunha coñecida peña taurina, claramente posicionada ideoloxicamente, adícase a lanzar consignas e a difamar á Plataforma Pontevedra Antitaurina. No seu blogue pódense ler dúas entradas que fan referencia directa ás actividade da plataforma, vilependiando gratuitamente as nosas actividades e mesmo reproducindo unha foto onde se ve a varios membros de Pontevedra Antitaurina mentres camiñaban pola rúa, co simple obxectivo de criminalizar as nosas actividades e mesmo de amedrentarnos. Despois dunha campaña de acoso que culminou co atentado ao C.S. Revira, onde a Plataforma realiza parte das súas actividades, pasando polo boicote policial á pegada de cartaces e polo posterior arrincado destes, ademáis da rotura da faixa que penduraramos na Ferrería,

Ante este cúmulo de feitos, desde este blogue queremos expresar:

1) Entendemos que o blogue taurino é medio de expresión dunha peña taurina, que obviamos citar por mero respeito. De aí que entendamos que o contido nesta páxina expresa o sentir dun colectivo en particular a cerca da nosa Plataforma. Por tanto dirixirémonos directamente ao colectivo taurino.

2) A peña taurina insiste en nos asociar interesadamente co goberno municipal, unha grande mostra de desinformación e mentira gratuita, enunciada só co interese claro de falsear a realidade. Se, como parece, vista a análise pormenorizada que fan da nosa páxina, leron o manifesto antitaurino (ao que se pode acceder desde a barra lateral), poderán observar que a cantidade máis extensa de reivindicacións son adicadas ao Concello de Pontevedra, o cal é completamente incompatíbel coa afirmación de que estamos manexados por ninguén. Resulta incríbel que pretendan crear esta falsa asociación a partir dunha foto onde se insinúa que unha concelleira participaba das actividades da plataforma. Algo ridículo e fóra da realidade.

A Plataforma é completamente plural e independente, e a presenza de indivíduos e colectivos que a apoian non presupón a nosa supeditación a ningunha opción política ou organización en particular. Sería equivalente a presupor que as peñas taurinas dependen directamente da Deputación de Pontevedra e son manexadas ao gusto por un partido político en concreto. No entanto, desde a plataforma, non só nunca fixemos esta aseveración, se non que nos abstivemos de facer valoracións no tocante a este tema.

Por contra, o blogue da peña taurina ten expresado en innumerábeis ocasións a súa belixerancia con certas opcións políticas, non dubidando en insultar gratuitamente e calificar de “sectarios”, “siniestros”, “despreciables”, etc aos que si que pensan diferente a súa liña ideolóxica. Ademais, exerce como voceiro casual dun partido , posteando directamente as notas de prensa que emite e que apoia abertamente.

3) Desde o voceiro da peña taurina practícase unha dobre vara de medir, anti-democrátiva e mesmo perversa, acusando á Plataforma duns insultos inexistentes, xa que o epíteto “lacra” vai adicado a unha tradición (que nos cremos despreciábel) e non a un colectivo cidadán en concreto. Véxase a sutil diferenza entre enlazar no panel lateral, como se fixo: “a lacra das touradas” e non, como falsifican no blogue antes citado “a lacra dos taurinos”.

4 )Chegado a este ponto tamén hai que citar como, ao parecer, o redactor taurino repasou por completo o noso blogue, deducímolo da cita que fai a varias entradas. Non obstante, na súa redacción non houbo nen unha soa liña de solidariedade coa Asociación Cultural criminalmente atacada o venres pasado, logo de que uns descoñecidos lle prendesen lume, o que supón, de facto, un atentado. Un local, onde, efectivamente a Plataforma realiza parte da súa actividade, sen por iso estar supeditada a ninguén.

Resulta paradóxico que quen proclama aos catro ventos os seus valores democráticos non teña unha soa palabra de repudio ante un atentado contra a liberdade e contra a integridade física das persoas.

5) Desde o blogue preténdese acusar á Plataforma de anti-demócrata e conmínasenos a “seguir los cauces democráticos”. Eis de novo a contradicción, cando os membros da peña taurina organizaron unha protesta, con faixa incluída, diante do concello, sen que ninguén por iso os criminalizase ou lles faltase ao respeito.

Por contra, ocúltase interesadamente como se boicoteou a campaña anti-taurina,e mesmo se chega a relativizar o control policial do que fomos obxecto os membros da Plataforma, claramente atentatorio contra a liberdade de expresión. Basta con dicer que a esa mesma hora había máis xente colando cartaces pola rúa e tan só se recriminou aos anti-taurinos. Por que sería? Tamén se elude dicer que se arrincaron gran parte dos carteis que colaramos en días anteriores pola cidade adiante, de novo atentando contra a liberdade de expresión, e mais que se rachou e se descolgou a faixa que penduraramos na praza da Ferrería. Pero para eles a conducta “incívica” é a da plataforma antitaurina, nunca a propia ou a de terceiros.

Resulta sintomático que esta sexa a segunda faixa que se descolga en menos dun mes en Pontevedra, e que as dúas estexan relacionadas directa ou indirectamente coa asociación cultural nomeada. Hai unha campaña de persecución que chega á ameaza física.

Valerá esta nova faixa que desprenderon para provocar de novo un atentado, como se fixo o pasado venres? É algo que non sabemos, fica no entanto no universo da hipótese. Mais, de suceder de novo, temos moi claro que a peña taurina que nos vilipendia, calaría de novo, apoiando co seu silencio a acción criminal de quen pretende exercer a violencia contra os que reivindican de maneira cívica e pacífica a desaparición das touradas, tan só mediante unha campaña de información que consistiu en pegada de carteis e colgar unha faixa.

Que nos espera no futuro, se tanto a policía como os medios locais, os energúmenos que prenden lume ao discordante, e agora a peña taurina que apoia pola tanxente todo o anterior queren rematar coa nosa actividade?

No entanto, no seu blogue eles sosteñen ser as “víctimas” porque na páxina anti-taurina denominamos “lacra” á triste e sanguinaria pseudo-tradición das touradas na nosa cidade.

6) A inclusión de fotos no noso blogue é meramente informativa e non pretende acusar co dedo a ningunha persoa en particular, só exercer a lexítima crítica perante contra os poderes públicos que financian directamente este cruel espectáculo. No tocante á foto onde aparece a peña taurina en concreto, foi directamente copiada da súa propia páxina. Resulta insultante que aqueles que publican de maneira propagandística unha acción de protesta, en todo caso lexítima, pretendan que non se distribúa libremente pola rede. Para mais inri, aqueles que nos acusan de mostrar fotos propias, publiquen sen ningunha carga moral unha imaxe onde se ve claramente a varios membros da plataforma antitaurina camiñando pola rúa. Un feito lamentábel e que merece a reprobación de calquera demócrata, sobre todo cando vai acompañado dun texto onde se incrimina aos antitaurinos, se relaciona interesadamente con xente allea por completo á iniciativa, etc. Tamén publican un video de varias persoas facendo ruido ás tantas da mañá durante a anterior Feira Franca, e que segundo as súas palabras “denunciaron”.

Finalmente, desde este blogue convidamos aos colectivos e peñas taurinas a condenar enérxicamente o atentado que pretendía incendiar o centro social Revira. Tan só desta maneira lograrán amosar os seus valores demócratas, e deixarán de colaborar co seu silencio perante as ameazas físicas e a extorsión que se está iniciando nesta cidade, desvinculándose completamente destas accións criminais.

Porque cando se incrimina a un colectivo que pega cartaces e pendura unha faixa publicamente (e non con “nocturnidad y alevosía” como se cita no blogue) estase a sinalar co dedo, e moi ben puidera ser que mentres uns apuntan cal é o obxectivo, algúns outros se encarguen de “rematar a faena”. Por todo isto, estamos seguros, ninguén se levará as mans á cabeza até que haxa algún dano persoal e os medios locais se apresuren a incluilo en portada.

Se tiñan algún problema coa inclusión dunha foto na que se apreciaba detrás do disfraz a algún dos seus membros, o lóxico tería terse posto en contacto co web-master do blogue da plataforma e solicitar a súa exclusión. Así obraría un demócrata convencido. Non obstante, é moito máis doado facerse pasar por víctima e facer propaganda taurina a costa da actividade sincera e construtiva dunha plataforma como é a nosa.

O que en nengún caso se nos pode pedir é que renunciemos a unha campaña antitaurina para nós xusta e necesária para abrir o debate entre a sociedade pontevedresa. Por tanto, que a peña taurina reflexione e poña en práctica a súa própia frase “somos los primeros que respetamos a todo el mundo y disfrutamos de las Fiestas de nuestra ciudad”.

Anúncios

13 Responses to “peña pro-taurina súmase á campaña de acoso contra a Plataforma”


  1. Agosto 14, 2007 às 6:57 pm

    Ante todo esto tengo que decir.

    1º)He dicho y reitero que no soy ningún amante del Mundo Taurino, y que sólo disfruto de sus fiestas.

    2º) Que en cuanto he tenido conocimiento de vuestro acto vandálico lo he condenado y me solidarizo con vostros. Ya escribí y eso parece no gustaros lo siguiente: “Alabo muchas iniciativas de Revira que es una organización muy activa y es de agradecer hoy en día. Ni un pero hacia ellos, sólo a la utilización fraudulenta y amenazante de fotos en esa web tildándonos de LACRA”

    3º) No soy vocero de ninguna Peñas y en mi blog personal vierto mis opiniones libremente. Pertenezco a una como 50 personas y tienen su dirección propia de blog.

    4º) Que en vuestros objetivos legítimos no me utilicíes de bandera de nada, porque he denunciado (y aquí por denuncia se entiende una denuncia pública como en internet) que tachéis de Lacra a una peña dónde convive gente de todo tipo de ideología.

    5º) Que no tergiverséis porque siniestro y etc. se los dedico al gobierno que nos quitó la música. Nos identificaron a todos y nos quitaron la música que sólo tenía por objetivo hacer disfrutar a los más jóvenes y ofrecerles una alternativa al botellón. Que ese día era el día de La Peregrina y una ciudad en sus fiestas sin música en la calle es una ciudad muerta. Nosotros también padecemos el acoso policial y de ahí la denuncia.

    5º) Yo no ataco contra ninguna plataforma, simplemente me hago eco en un blog personal de los desprecios vertidos contra una Peña que participa activamente de la Feira Franca (y eso os ha gustado obviarlo mucho).

    6º) Los estereotipos forman parte del pasado y uno persona es libre para hacer vocero de un colectivo político o de una peña o de una fiesta echa con los amigos. Faltaría más.

    7º) No me importan en absoluto a mí personalmente que utilicéis una foto nuestra. Cuando la pongo en un blog entiendo que la puede usar quiequiera. Mi molesta surge contra el sinónimo “lacra” con el que nos tildáis que por definición es: Señal de una enfermedad.

    8º) Os anime a seguir en vuestras convicciones y demandas pero sin tachar ni menospreciar a nadie. Y pretendo cerrar este debate porque no nos conduce a ningún lado yo no soy ningún interlocutor válido para todo este asunto. En mi blog hago mis denucnias diarias sobre mi perspectiva sobre Pontevedra y cuento algunas anécdotas, sin ánimo de ofender a nadie. Pero es muy duro que te secuestren la libertad de poner música hasta las 22:00 horas porque el actual alcalde emite un bando para esos días.

    Un saludo a todos.

  2. Agosto 14, 2007 às 7:06 pm

    Espero que leras atentamente:

    3) Desde o voceiro da peña taurina practícase unha dobre vara de medir, anti-democrátiva e mesmo perversa, acusando á Plataforma duns insultos inexistentes, xa que o epíteto “lacra” vai adicado a unha tradición (que nos cremos despreciábel) e non a un colectivo cidadán en concreto. Véxase a sutil diferenza entre enlazar no panel lateral, como se fixo: “a lacra das touradas” e non, como falsifican no blogue antes citado “a lacra dos taurinos”.

    E, en fin, que se tes algun problema co concello o lóxico sería que te puxeses en contacto con eles. Fica nos lindes do surrealista que te queixes aquí, mais que nada porque non temos absolutamente nada que ver co goberno municipal.

    Tamén aproveito para colar a resposta no teu blogue:

    “En todo caso quixera dicer que ben poderías ter aforrado toda esta
    polémica se dirixes un mail ao webmaster e solicitas a retirada da foto en cuestión, entendendo que tes os dereitos de autoría. Así mesmo, estaría ben que as solicitudes as fixeses a través do correo mail e non a través dos comentarios do teu blogue (por efectividade, mais que nada, pois a xente que veu aqui a opinar non ten nada que ver coa plataforma, ben puidera ser de calquera punto do país…).

    Por último tan só dicer tamén:

    1) Pareceu que te regocixabas en que a policía teña acudido a “controlar” aos que tan só pegaban carteis. Os ánimos están alterados desque se sufriu o intento de incendio e non resulta de bo gusto.

    2) A concelleira non ten absolutamente nada que ver coa plataforma. O que sería ilóxico, como membro do goberno local, é que non se interesase polo que se ía a facer un grupo de mozos e mozas que portaban unha escaleira e unha pancarta, que en todo caso non podería impedir colgar. Lembra como se penduran faixas polas rúas ano tras ano por parte de diversos colectivos, e non existe nengunha ordenanza municipal que o prohíba (nen tampouco a de colar cartaces).

    Por outra banda desvincular o tema dos touros da política é complicado, sobre todo cando un determinado partido as promove e utiliza como lle convén…e teñen unha determinada connotación, ao cal non serás alleo (supoño).

    3) Agradécese o bo tono dos últimos comentarios fronte ao estilo despectivo que empregaches na redacción do texto. Creo que armaches un castelo no aire, pois quedou ben claro no manifesto que non temos nada contra a cidadanía pontevedresa, en tal caso todo está focalizado contra o martírio ao touro e o empresario que promove o espectáculo. Non contra ti nin contra a túa peña en particular, non nos equivoquemos.

    4) Sinceramente resultaría incómodo relacionarvos cos feitos acaecidos. O único que se di é que ás veces o silencio pode significar complicidade, e vexo que non é o caso.

    5) Respeito ás touradas en Galiza, e en Pontevedra en particular, temos o volume 1 do COSSIO, que nos fala delas.

    “En Santiago de Compostela existió una plaza construida de ladrillo, hierro y madera con cabida para 8.000 espectadores, que fue inaugurada en 1897. Derribada ésta, se construyó otra de madera inaugurada el 13 de julio de 1933 con una corrida en la que
    se lidiaron toros de Julián Sanz para los espadas Nicanor Villalta, Alfredo Corrochano y Antonio García. En Vigo se estrenó una plaza de toros en 1896, pero fue derruida a los pocos años y, a partir de entonces, sólo se recuerda la presencia de una plaza de madera portátil que también fue llevada a Ferrol, Ourense y Santiago. Vilagarcía tuvo plaza a finales del siglo XIX con capacidad para 4.500 espectadores,
    os mismos que cabían a principios del siglo pasado en el ruedo que hubo en Viveiro,
    y algo más que otra que existió en Xinzo da Limia. También por la misma época las
    hubo en Ferrol, Monforte de Lemos y Noia.
    La fuente de todos estos datos sobre plazas que ya no existen, y de las que sólo se ha
    salvado la de Pontevedra”.

    Bueno de maneira breve e a tenor do dito:

    Non hai constancia de tradición taurina en Galiza en nengunha época toda vez que non existe un terreo propicio para ese tipo de gandeiría, propia doutras zonas do estado. Iso si, o que hai son tradicións como a de matar un boi nas vodas dos nobres ou algún caso esporádico a lidia por influxo do Reino de Castela que anexionara ao Reino de Galicia. Os nobres casteláns chegaban a despreciar aos galegos non só pola maneira e ademáns no falar, se non por non gostar das touradas. E existe bibliografía deste tema (agora mesmo ocórreseme “Separatismo e Unidade” de Menéndez Valdés onde trata isto.

    En Pontevedra, como noutras partes do país, foi collendo peso específico a nobreza de orixe castelá, como sabes , a súa introducción é froito da substitución nobiliaria que ten lugar a partir de finais do XV logo de que remate a Grande Guerra Irmandiña. Non é de extrañar que a nobreza foránea importase as súas tradicións e que a autóctona intentase non discordar e promocionase homologándose a esta. Ate aí nada fóra do normal. Pero non falamos do pobo chan, o 99% da poboación desa época, que mais ben parecía allea a todo isto.

    Desta maneira chegamos ao século XIX. A introdución do ferrocarril en Galiza, nesta época, permite por fin aos empresarios taurinos transportar facilmente os astados até o noso país. É cando empeza unha campaña de edificación masiva de prazas por todo o país, a partir do 1892 en adiante, parella ao proceso de espallamento dun nacionalismo español novecentista que reivindicaba “los símbolos patrios”, un deles, as touradas. A xeración do 98 participou disto como parte activa e soporte intelectual, seguro que che soará.

    Non obstante, as tradicións son difíciles de impoñer para un pobo, e de todas as prazas que se edificaron, a maioría foron á ruína pola apatía da poboación, que se sentía allea por completo a un espectáculo foráneo. Non resulta difícil entender como se debería sentir un labrego con poucos recursos e semi-desnutrido ao ver como se sacrifica o gando simplemente para divertimento.

    As prazas creban, como liches no texto que peguei. E creban todas, tanto a de Santiago como a de Vilagarcía como a de Ourense…. Isto xa antes do franquismo, a partir do cal e cando a economía o permite, introduce masivamente as plazas portátiles, pois tamén entende as “touradas” como un símbolo nacional español. E de novo se impoñen , coa colaboración pública.

    O proceso repítese e no ano 66 péchase a praza da Coruña (as corridas reintrodúceas Paco Vázquez no ano 1991).

    Como saberás tamén, o réximen fascista ocupouse de promocionar un determinado tipo de cultura e folclore, chegando a intentar anular a de nacións como a nosa. Non é victimismo, é unha realidade, e só tes que ver o cine, prensa, mais tarde a tv,e radio da época. E tristemente somos en parte producto desta época, ainda que nos obstinemos en negalo ou en pechar os ollos perante a realidade.

    En fin, que só perduraron en Pontevedra, e precisamente a praza tivo etapas ben difíciles. Respeito ao fenómeno das peñas o própio Eduardo Lozano recoñece nunha entrevista que hai 25 anos lle deron impulso e financiamento ao fenómeno das para promocionar a Feria Taurina. De 2 pasouse as (case 30?) actuais, que apoia actualmente tamén a Deputación.

    Vemos pois que non é “unha tradición” que se remonte excesivos anos. Para mais inri, hai quen opinamos que maltratar a un animal e desangralo simplemente para se divertir debería estar penado, tal e como sucede coa totalidade das especies animais (incluso cos reptís, se te denuncian). Todo cambiaría se non se pinchase, desangrase e executase ao pobre bóvido, mais non imos dicir como ten que cambiar a “festa taurina”. De momento, e tal e como ten lugar, desta maneira cruel, tan só podemos pedir a súa erradicación, aínda que che poida doer como aficionado.

    Terían que ser as poderes públicos os que se pronunciasen en torno ao tema e dictasen unha solución que respeitase os dereitos dos animais.

    Por último, sería importante manter o debate argumentando construtivamente.

    Un cordial saúdo.

  3. 3 Pontevedritos
    Agosto 14, 2007 às 7:33 pm

    Empecemos por una cosa, si no os gustan los toros no vayais y punto. Si os aburrís podeis iros a hacer malavares a alguna plaza.

  4. 5 V de Vendetta
    Agosto 14, 2007 às 8:46 pm

    La fiesta de los toros, así es como suele aparecer en los documentos, muestra una tradición de varios siglos en la comunidad gallega. Una de las primeras constancias, sino la primera, la encontramos en Santiago de Compostela en el año 1514, concretamente el 21 de Junio de ese mismo año, donde los libros del Ayuntamiento compostelano hablan de una corrida para el día de Santiago. Otra fecha es el 5 de Julio de 1532 cuando el Ayuntamiento ordena que se consigan 6 toros para el día de Santiago.

    En Pontevedra el primer documento data del 4 de Mayo de 1559, en un evento para celebrar las paces de Chateau-Cambresis, donde se enfrentaban las monarquías española y francesa. A partir de 1590 las pruebas documentales de la fiesta en Pontevedra se multiplican. En la capital de Lérez se celebraban las vísperas de San Juan y San Bartolomé, mientras que en Santiago las vísperas de San Juan y Santiago. De todas formas en ambas villas se celebraban más eventos taurinos si algún personaje destacado las visitaba o si se celebraba algún evento importante, en estos casos organizados por el Ayuntamiento. En la ribera del Lérez, la localización de los festejos era la Plaza de la Herrería. Durante el siglo XVII la crisis que azota la ciudad del Lérez no se deja notar en los festejos. Aunque la guerra con Portugal para la independencia de este, hace que alguna tarde se traslade de fecha. Debido a acontecimientos bélicos, en los años 1657, 1659 y 1667 se suspenden los festejos, aunque en este último año al final se celebra meses después. Durante estos años los festejos toman tanta importancia, que incluso los carniceros responsables de traer los astados son penalizados varias veces con pena de cárcel por traer varias veces malos toros a las festividades. Esto es así ya que luego la carne de los astados lidiados es vendida luego por los carniceros. En el año 1675 se unifican los festejos de San Juan y San Bartolomé en uno solo que se lidian la víspera del día de Nuestra Señora de Septiembre. Durante estos años y hasta 1680 hay una pequeña crisis con los carniceros de la urbe, por eso es necesario que los toros sean aportados por carniceros de los alrededores de la urbe. En la última década del siglo XVII se acuerda la supresión de la tarde en honor a San Juan. Años después en 1699 se acuerda no volver a celebrar más festejos para la honra de ninguno de los dos santos. A partir de ahí se acuerda la realización de algún festejo únicamente para dar mayor realce a la visita de algún personaje, como por ejemplo, la visita del marqués de San Vicente en 1703, o eventos especiales como los partos de la reina en 1707 y 1712. A partir de esas fechas los toros a penas se ven por estos lugares. En 1754, el Rey Fernando VI prohíbe las corridas en España, pero la ciudad de Santiago envía una petición para que sea exceptuada de la prohibición. Tras varias peticiones la ciudad compostelana consigue que el 16 de Julio de ese mismo año sea oída su petición y es autorizada para organizar un festejo para honrar al Apóstol.

    (No tengo más datos hasta 1892)

    En Pontevedra en 1892, Don Benito Calderón Ozores, hermano de la marquesa de Riestra y esposo de Doña Eugenia Montero Ríos, actúa como responsable y promotor de la construcción de una plaza de toros de madera en el barrio de San Roque. Este coso fue derribado en 1896, pero en 1899 auspiciada por el marqués de Riestra, se crea una Junta Popular por acciones para construir una plaza de toros permanente de piedra. Para ello el Ayuntamiento cede un terreno en el barrio de San Roque. Las obras comienzan exactamente el 8 de Octubre de 1899, inaugurándose esta los días 12 y 13 de Agosto del año 1900 a partir de las cuatro de la tarde, exactamente para los diestros Emilio Torres “Bombita” y Ricardo Torres “Bombita Chico”. Desde ese año se celebra la feria de La Peregrina en Pontevedra. El coso de San Roque se reformó y en 1995 se comenzó a cubrir la plaza para resguardarla del sol. Un año después se inauguró la cubierta.

    Más hacia el norte destaca que en A Coruña existió un coso permanente hasta 1967 cuando se decidió tirarla abajo. En cambio en 1991 se inauguró un recinto multiusos donde desde esa fechase celebra cada año una feria.

    Una curiosidad es que, oficialmente, Galicia solamente tuvo un torero, un único torero que tomó la alternativa, ese fue Alfonso Cela “Celita” que se doctoró el 15 de septiembre del año 1912 en la plaza de A Coruña.

  5. Agosto 14, 2007 às 9:48 pm

    La anotación anterior la ha sacado alguien de mi blog personal, no se quien lo ha hecho y realmente no se porque lo ha puesto aquí nadie si yo no lo he hecho antes. Realmente no se que decir,tampoco se si me parece bien o mal,pero que quede claro que yo no he puesto nada aquí. Quizás me parece mal por no haberse identificado.

    Por cierto ahora que estoy condenar la agresion sufrida en vuestro local social.

    Un saludo a todos

  6. Agosto 14, 2007 às 10:43 pm

    Colo de paso tamén outra opinión:

    tamén había touradas na Hispano-América precolombina? sorpréndeme.

    Como todos sabedes, Pontevedra pertencía á provincia e diocese de Santiago, desde o século XVI en adiante punta de lanza da penetración de nobreza foránea. No 1532 por exemplo era arcebispo Juan Pardo de Tavera, arcebispo tamén de Toledo, un feito sintomático xa que a partir de comezos deste século a nobreza eclesiática será substituída pola castelá. Non é complicado entender que quixesen introducir as touradas aquí da mesma forma que o fixeron na Hispano-América, como parte a imposición cultural. E tampouco é tan complicado ver como en Galiza non hai extensas veigas para que pasten os touros, especie que procede doutras coordenadas (e que foi seleccionada co paso do tempo).

    Non hai arraigamento cultural de nengún tipo, a non ser as “chegas de bois”, ben diferentes das touradas, que se realizan en ourense, ou a “festa do boi”de allariz (s.XIII). En todo caso, as touradas son un fenómeno urbano, ben limitado e procedente do interese de certas casas nobiliares foráneas por introducilas.

    E de todas formas, fálase de “eventos taurinos”, non de corridas propiamente.

    En España, concretamente en Burgos, hai constancia de cultura taurina desde o século XII. Aquí, por moito que buceedes non ides atopar nada, fóra dun estéril relatorio que moito non pode aportar.

    A antropoloxía pode aportar moitos mais datos. Defender a galeguidade das touradas vai contra o sentido común e supón unha falsedade enorme. De todas maneiras, tamén teño a miña bibliografía e prometo aportacións extensas na propia paxina web.

    Finalmente tan só dicer que a crueldade das touradas ou de calquera outro maltrato aos animais é feito suficiente para rematar con calquera tradición que pretenda o divertimento a través do sufrimentos destes.

    Saúdos.

  7. 8 Vormittagsspuk
    Agosto 15, 2007 às 4:42 pm

    O debate que se xerou aquí sobre se as touradas son ou non son unha imposición española na Galiza carece de sentido práctico, por que remontarse sete séculos atras? Non creo que no pasado houbera unha conciencia de respecto polos dereitos dos animais, etc.
    Os touros como tal “festa nacional” levan consigo claramente unha simboloxía de imposición identitaria. Pero non creo que debamos deixar que o problema se confunda cara este ámbito. As tradicións absurdas, estúpidas, noxentas e repulsivas que consisten no sufrimento dun ser vivo como forma de espectáculo deben ser abolidas. Xa sexan estas españolas, galegas, tailandesas, ou italianas.

  8. Agosto 15, 2007 às 5:07 pm

    Completamente de acordo. Non obstante temos que ter en conta que minten cando falan da suposta “tradición taurina” galega, inexistente. Xa que logo, hai un interese claro en introducilas, e obedece a unha pauta de imposición cultural.

    Perante isto, tamén debemos reaccionar e quitar a máscara aos farsantes. É un aspecto secundário pero non por iso menos importante, aínda que o fundamental sexa, como dixeches, o maltrato animal, inasumíbel aínda que se tratase dunha tradición propia.

    Un cordial saúdo.

  9. 10 gaonera
    Agosto 16, 2007 às 11:14 pm

    Primeiro un saudo,e vaia por diante á miña condena o asalto á vosa sede.
    Primeiro,históricamente a lidia do touro,non só xurde no norde da península ibérica senon que é antropolóxicamente falando unha seña identitaria de todo o norde peninsular,dende nafarroa até Galiza,e se citades historia non vos quededes no Cossío que logo os pasa o que os pasa.
    O que me parece moi triste é que fagades da oposición á festa unha bandeira política,e que usedes topicazos para sacar os temas da imposición e o imperialismo español.Mirade,non só os de dereitas van os touros,ó millor asustádevos da cantidade de xente que non o é e segue a tauromaquia,e ademáis ó millor exercen de galegos dende antes que vos e con máis forza se cabe.
    Como non pretendo facer politiqueos baratos só unha reflexión:enchedes a boca coa “tortura”,moi ben,supoño que empregaredes a mesma forza para que ás vacas se lle dea un “trato amable” no seu sacrificio,ou supoño que estaredes preparando unha iniciativa similar,e supoño que máis implicada coa cultura do pais,en torno a matanza do porco,inda estou por mirar unha manifestación vosa pregando por un trato digno para o porco,(e outra para o marisco,maltratado de xeito incrible,¿ou anestesiades o marisco antes de fervelo?).Porque o argumento é:”non porque se maltrata para diversión”,moi ben e a carne,¿a comedes a disgusto?,porque supoño eu que se preparades a comida con salsiñas e patatiñas e zenouras…non será precísamente para pasalo mal,¿ou si?.Pois ben todo isto se fai para,”pasalo ben ou divertirse comendo”,é unha sofisticacion que non necesitamos,ou é que todos sodes vexetarianos.

  10. 11 pontevedra010
    Agosto 18, 2007 às 11:32 am

    una corrida de toros es una tortura animal, hay que partir de esto. despues que cada uno se muestre favorable o no a ellas.

    yo las considero una tradicion que ya está fuera de tiempo, y que en el siglo en el q vivimos no deverian existir. No entiendo que en el telediario puedan salir noticias de maltratos a perros, y que de seguido hablen de la tortura del toro como arte.

    Si hay gente que les gustan las corridas, pues vale, se q no podre cambiar su aficion, pero que por lo menos reconozcan que es una TORTURA.

  11. 12 sa
    Agosto 19, 2007 às 3:06 pm

    a mi lo q me da asco es leer a gente que responde “si no os gustan no vayais”
    es evidente que no lo hacemos, sino que LUCHAMOS porque esto deje de existir.

    felicidades por el blog

  12. 13 Manolete
    Agosto 23, 2007 às 12:00 pm

    Dragó: «Los antitaurinos son un revulsivo para la Fiesta»

    Fuente: Efe

    El escritor y ensayista Fernando Sánchez Dragó reivindicó este jueves en Alicante su pasión por los toros, afirmando que prefiere “cortar una oreja” en la Plaza de las Ventas que “ganar el Premio Nobel”, ya que, dijo, es aficionado a la tauromaquia desde que era adolescente.

    Sánchez Dragó, durante el debate
    Sánchez Dragó hizo estas declaraciones en rueda de prensa con motivo del pregón que pronunciará hoy en la corrida de toros de la Asociación de la Prensa de Alicante, en la que actuarán los diestros Manuel Díaz “El Cordobés”, Pepín Liria y Javier Conde.

    El escritor destacó que se considera “una persona muy indicada para dar el pregón” porque había pasado gran parte de su juventud en Alicante donde vio su primera corrida de toros con catorce años.

    Opinó que los grupos antitaurinos confunden “el toreo con el españolismo” y éste con el franquismo, una creencia que, a su juicio, no es cierta, pues “la relación entre los humanos y los toros comenzó hace miles de años y la tauromaquia la ha hecho el pueblo durante toda la Historia de España”.

    Remarcó que la tauromaquia constituye “el único espectáculo que es real, y no simulado, ya que todo lo que pasa es irrepetible e inevitable”.

    Sánchez Dragó lamentó que en el mundo del toreo haya desaparecido en la actualidad “la rivalidad de los mano a mano”, algo que, según él, “era un gran acontecimiento”.


Deixe uma Resposta para Vormittagsspuk Cancelar resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: