Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

Pontevedra Antitaurina desprega unha faixa na Ferraría

Anúncios

Como parte da nosa campaña de información , a Plataforma Pontevedra Antitaurina pendurou unha faixa nas inmediacións da praza de Ferraría, por volta das 21 horas na tarde. Numerosas persoas seguiron con atención o proceso, que por fortuna non foi boicotado pola policía, como sucedera coa colaxen de cartaces. Tamén aproveitamos a acción para repartir auto-colantes co logotipo da plataforma.

Lonxe de asustarnos, os grupos filo-fascistas tan só lograron intensificar a nosa campaña anti-taurina, que, como xa dixemos no comunicado de repulsa ante o atentado contra a Revira, non conseguirá silenciar a nosa actividade. Arrincaron e prenderon lume á Revira cunha faixa que vindicaba o dereito á auto-determinación. Nós despregamos outra para continuar na nosa loita contra o espectáculo cruel e inhumano das touradas.

Anúncios