Coordenadora Antitouradas de Pontevedra

atentan contra o C.S. Revira

Anúncios

A plataforma Pontevedra Antitaurina quer expresar a total repulsa ao atentado acometido onte contra o Centro Social Revira de Pontevedra, cuando en plena madrugada se decretaba un incendio na súa entrada, que por sorte foi sufocado polos bombeiros en pouco tempo ao evitar que se estendera á zona posterior. Até a área tamén se deslocaba unha escuadra da policía e algúns dos sócios da asociación cultural, que vían indignados como as lapas calcinaran parte da porta de entrada. Da zona emanaba un forte cheiro a gasolina , do cal se conclúe a intencionalidade do atentado.

Desde a Plataforma, que realiza parte das súas actividades neste local social, esiximos unha investigación sobre o acontecido e a identificación dos causantes o antes posíbel. No entanto, e tendo en conta o triste episodio de onte, invádenos o cepticismo.

Aínda que é pronto para buscar culpábeis, as suspeitas recaen en grupúsculos filo-fascistas que viron incrementado o seu número durante a “Feria Taurina”, que exerce un “efecto imán” ideolóxico durante estes días.

Por último, convidar á reflexión sobre a relevancia que darían os meios a esta tentativa se se tratase dunha entidade bancaria ou de calquera centro institucionalizado ou mesmo adscrito ás caixas de aforros. Hai un dobre raseiro , e a pinza entre os medios , a policía e o empresariado quer afogar a libre expresión , até o ponto de silenciar un atentado.

Pesia todo, non nos lograrán calar, por moito que o intenten.

Agardaremos o comunicado da propia C.S. Revira para máis información ao respeito.

COMUNICADO DA A.C REVIRA PINCHANDO AQUÍ

(actualizado as 00.41 do domingo 12 de Agosto)

Anúncios