09
Ago
07

A policia intenta boicotar a pegada de cartaces anti-taurinos

[rockyou id=80213618&w=600&h=500]

A última hora da tarde , unha dúcia de membros da plataforma Pontevedra Antitaurina iniciabamos a pegada de cartaces e manifestos pola cidade como parte da nosa campaña informativa. Como tantas outras veces, os muros elixidos foron aqueles empregados rotinariamente para a colaxe por parte doutros colectivos , empresas e eventos, que sen nengún problema os veñen colocando sen que se teña constancia de problemas coa policía ou co Concello da cidade.

Despois de ter colocado un bo número cercounos o paso unha brigada policial motorizada, composta por tres axentes, freando diante do grupo logo de circular pola cidade vella a grande velocidade. A seguir desta dramática aparición, e perante a face impávida dos paseantes e da estupefacción dos membros da plataforma, os policías desmontaban das motos e dirixíanse cara nós coa habitual actitude chulesca.

O primeiro deles daba a “boa tarde” e apresurábase a pedirnos a documentación. Ante as preguntas de por que se nos solicitaba identificarnos, xa que a pegada de cartaces no noso concello non é ilegal e se fai de maneira habital sen que haxa nunca problemas, o axente limitouse a recordar que “era a autoridade e tiñamos ese deber”. Logo duns intres tensos, accedeuse a amosar os D.I., que se encarregaron de verificar e apontar outros dous que ficaban, mudos, en segundo plano. Finalmente, e sen dar mais explicacións, a policia española desapareceu por onde viñera, mais non por iso conseguiu que deixasemos de colar os cartaces até que se nos remataron.

Que é o que pretende a policía con esta grave vulneración do dereito á libre expresión? Simplesmente o amedrentamento da mocidade, o intento de borrar do mapa iniciativas coma esta, que o único que pretenden é a concienciación da sociedade en torno á barbárie taurina. A actitude da policía vai moi en consonancia cun estado que promove e permite este lamentável espectáculo, alimentando o valor da crueldade, do sangue e da violencia.

Porque non nos equivoquemos, eses son os valores de moitos policías españois, tal e como teñen demostrado non só nesta ocasión, se non en demasiadas. Non se concibe nengún argumento que poida xustificar, por tanto, o intento de boicote que sufrimos hoxe á tarde, se non é o do interese en que desaparezamos do mapa sen deixar rastro.

Quen deu a orde de intervir na colaxen dos cartaces? Ou é que algún hosteleiro da zona os avisou, co temor de que as mobilizacións contra as touradas “espantasen” os centos de españois que acudirán esta fin de semana aos festexos taurinos?

No entanto, esta é a dura e cruel realidade: a empresa “Plazas y Toros S.L.” pode encher por completo a cidade de cartaces da “Feria Taurina”, mostra dos máis atávicos e asasinos instintos destructivos do ser humano, mentres que os membros dunha plataforma que exerce o seu dereito á libre expresión na rúa son boicotados e criminalizados pola própia policía.

Basta con lembrar que o comisário-xefe da Policía Autonómica Galega en Pontevedra é quen preside a Feira Taurina desde o palco de honra. A policía , como vemos, funciona en base a intereses creados e cede á presión de calquera empresario que a poida mercar. Non cambiaron excesivamente as cousas.

Nós non temos xamón de Jabugo para subornar aos axentes. Pero conservamos o fundamental: a dignidade. Unha actitude que nos leva a enfrontarnos non a unha institución intanxíbel, se non a un empresário que basea a súa fortuna no martírio animal e a todos os colaboradores que atopa para tan cruel empresa. Eduardo Lozano , “Plazas y Toros S.L.” conta coa protección interesada de parte da policía e coa colaboración de parte da administración pública. Mais non temos medo. Acabamos de empezar e nos próximos anos, asegurámosvolo, a plataforma dará moito que dicer, sendo un factor activo para a erradicación das touradas en Pontevedra.

Así pois, este suceso o único que pode facer é alimentar a nosa ánsia de traballo e de pornos a traballar se cabe aínda máis duro para lograr un día no que a Feira Taurina sexa un escuro recordo do pasado.

Pontevedra Antitaurina, a 9 de Agosto do 2007.

policia1.jpg

policia2.jpgpolicia3.jpg

Anúncios

5 Responses to “A policia intenta boicotar a pegada de cartaces anti-taurinos”


  1. Agosto 10, 2007 às 4:19 pm

    nada novo nas actitudes, todo segue igual

  2. Setembro 19, 2007 às 3:26 pm

    e indignante que pasen esas cosas nunha cidade como esta, non se pode permitir que uns poidan expresarse en todo o que queran e que outros teñan que ser chamados a atencion, porque un cartel de “necesitase mestre” si, e un de “pontevedra antitaurina” non, e algo indigante e bochornoso sobre todo vivindo baixo a libertade de expresion.


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s


Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,328 visitas

%d bloggers like this: