Dez respostas aos argumentos pro-taurinos sobre as corridas de touros

 

 

 

1.”As corridas de touros son un espectáculo”

As corridas de touros están baseadas na tortura, a dor e o ensañamento co touro. Ademais transmiten valores negativos, como o uso inxustificado da violencia, o desprezo cara aos dereitos dos animais, o goce coa tortura e o maltrato animal. Segundo a Declaración Universal dos Dereitos dos Animais, artigo 11: “todo acto que implique a morte dun animal sen necesidade é un biocidio”.

Unha corrida de touros é un espectáculo, mais un espectáculo que xira arredor do sofrimento dun animal que dura 20 minutos e está dividido en tres partes. En cada parte crávanse diferentes obxectos punzantes aos touros co obxectivo de desangralos e debilitalos, entre os que se contan unha lanza que se introduce 30 cm dentro do animal, arpóns de 7 cm (as bandeirillas), e a estocada final: unha espada, que en teoría debe atravesarlles o corazón, mata ao touro, aínda que, en certas ocasións, atravesa os pulmóns e o touro morre afogado no seu propio sangue.

En cada tarde de touros, martirizanse seis animais. Cada corrida debe ser presidida por un comisario de policía ou autoridade competente. Soamente no Estado Español mátanse 60.000 touros en festexos cada ano.

2-1.jpg

2.”Os touros son unha tradición, e as tradicións hai que mantelas”

As tradicións deben ser recuperadas e deben funcionar como soporte do que nos define e constrúe, pero tamén do que esperamos no futuro. Tradicións máis antigas que as corridas de touros como a escravitude, os sacrificios humanos ou outras tan españolas como a Inquisición, prodúcennos arrepíos. As tradicións sustentadas na violencia e o aniquilamiento non fan máis que perpetuar estes comportamentos como dignos de práctica e seguimento. Ademáis, é unha práctica que non ten nada a ver con Galiza, coa nosa cultura e coa nosa historia, cheas de tradicións populares que esmorecen ou desaparecen e que si son dignas de recuperación.

3-1.jpg
3.”O touro morre dignamente”

A dignidade é un valor e unha categoría construída polos humanos para simbolizarnos cousas. Pero aquí é utilizada para describir desde a perspectiva do touro o que a morte simboliza para el, como se puidera encherse de orgullo por participar da festa. Para un animal como o touro, a dor é a dor e a morte é a morte, non son dignas nin indignas. A morte é o fin da súa vida. O único indigno é a actitude das persoas que amparan as touradas. ¿É digna unha morte lenta, dolorosa, torturante, asfixiante? ¿Unha morte na que un touro é obrigado a someterse ás torturas dun equipo de sádicos?

7-1.jpg
4.”Os touros son cultura, ou deporte”

Dise que as touradas serviron de inspiración a diferentes artistas, pero tamén se realizaron espléndidas obras sobre as guerras ou o martirio dos santos , e non por iso son costumes a conservar. Por esa regra de tres, o bombardeamento de Gernika tamén sería unha obra de arte. En 1980, a UNESCO, máxima autoridade mundial en materia de cultura, emitiu a súa opinión respecto diso: “A tauromaquia é o venal arte de torturar e matar animais en público e segundo unhas regras. Traumatiza aos nenos e aos adultos sensibles. Agrava o estado dos neurópatas atraídos por estes espectáculos. Desnaturaliza a relación entre o home e o animal. Niso, constitúe un desafío maior á moral, a educación, a ciencia e a cultura”. Nada hai de cultura en torturar e matar animais.

En canto á posibilidade de consideralos deporte, sería o primeiro deporte no que é imprescindíbel matar a un animal, e ademáis, no caso de ser de competición, debería celebrarse en condicións igualitarias. Aínda que os pro-taurinos falan de combate de igual a igual, en 45 anos de corrida, só 4 toreros morreron contra máis de 134 246 touros asasinados nos Estados Español e francés.

Ademáis, os sucesivos escándalos polo afeitamiento dos touros (cortar ou limar a punta dos cornos) ou as investigacións que deixaron ver o xeito en que os touros son preparados – previamente á corrida, o touro agardou nun lugar sen luz, debilitado por drogas e laxantes-. deixan moito que desexar a unha afirmación como que o enfrontamento dáse nas mesmas condicións. Hoxe unha corrida de touros é un espectáculo de engano, onde os torturadores se enfrontan a un animal completamente minado nas súas facultades físicas mediante o cansazo e a dor.

23-1.jpg

5.”Sen corridas non habería touro bravo, este desaparecería”

Argumento de refinado cinismo que ensalza a predeterminación do touro a ser asasinado cruelmente polo home. O touro é un animal herbívoro. Grande parte da súa vida consiste en buscar pastos para alimentarse, e non é bravo senón nas loitas territoriais, na loita pola reprodución e/ou en situacións de perigo. O touro é artificialmente provocado para que responda de xeito agresivo ao torero. A casta brava dos touros foi xenéticamente manipulada polo home para que os seus exemplares sexan agresivos. Neste caso, que se termine a festa dos touros significará o fin da bravura do touro que é económicamente explotada polas gandeirías, mais non significa o fin dos touros.

1-1.jpg

6.”O touro non sofre”

Realmente os touros teñen un sistema nervioso e muscular semellante ao do home. Como calquera animal cefalizado e cun sistema nervioso central, si sente: se vemos a unha mosca pousarse sobre o lombo dun touro, apenas a percibe este trata de espantala. ¿Como non sentirá un touro, as banderillas ou a espada?

2-11.jpg

7.”O touro bravo naceu para iso”

O touro bravo foi criado e predeterminado polos criadores para ese destino. Foi un capricho e unha vontade humana, movida por diferentes intereses para os que o animal era un medio, o que selou a súa sorte con ese destino. Nin Deus nin a patria nin a tradición fixeron do touro bravo o que é. Foi o home quen o manipulou e levouno á medida dos seus desexos. ¿É xusto darlle vida a un animal para quitarlla nun acto pleno de dor e crueldade?

toros191.jpg

8. “As touradas xeran moito diñeiro”

Grande parte do cal sae dos nosos impostos para beneficio exclusivo de diversos aristócratas, terratenentes, apoderados, empresarios e toureiros de fama. Millóns de euros que se desvían ata das subvencións europeas. Tamén xera moito diñeiro o contrabando de armas.

25-1.jpg

9.”As touradas crean postos de traballo tamén”

Dos touros vive moi pouca xente, e en Galiza é practicamente insignificante. Despois do reparto millonario entre uns poucos empresarios e toureiros, os demais traballadores malviven con soldos míseros que non inclúen cobertura social, polo que se dedican a iso de forma esporádica. Os toureiros poden dedicarse a vivir dun traballo digno como o resto da xente e non da tortura de animais.

24-1.jpg

10.”O que queira ver os touros que os vexa, o que non que se vaia”

No Estado Español, as tempadas taurinas, as escolas e as gandeirías son financiadas con diñeiro público que tamén pagamos as galegas e os galegos, que é onde menos interese hai en todo o Estado Español. Porén, segundo diversas enquisas máis do 90% dos cidadáns consideran que a tortura dos animais como diversión debe ser suprimida, e a inmensa maioría da poboación nunca asistiu nen asistirá a unha corrida de touros.

Non podemos mirar cara a outro lado cando un animal sofre, e non temos reparo en erguernos fronte a isto, teña a tortura forma de toureiro, matarife, maltratador, vendedor de mascotas ou empresario…

Anúncios

7 Responses to “10 RESPOSTAS BÁSICAS”


  1. Agosto 15, 2007 às 3:34 am

    animo compañeiros a seguir adiante

  2. Setembro 12, 2007 às 12:36 am

    llevo mucho tiempo con un cabreo de narices… ¿pegarle a un perro es delito y una corrida de toros no? ¿es que hay animales de primera y de segunda?
    ¡No al maltrato a los animales! ¡No a las corridas de toros!
    Y aún encima se encomiendan a Dios, a la Virgen y a los Santos…. es que independientemente de que se sea creyente o no, ¿Dios ayuda al que maltrata a su creación?
    ¡¡¡BASTA DE HIPOCRESÍAS!!!

  3. 5 Sebastián
    Setembro 25, 2009 às 12:44 pm

    El amor por todas las criaturas vivientes es el más noble atributo del hombre.

  4. 6 RacerX
    Janeiro 28, 2010 às 3:30 pm

    Ánimo!!!

    Tardarase máis ou menos, pero as corridas de touros d.e.s.a.p.a.r.e.c.e.n.

    Saúdos e forza para seguir adiante!!

  5. 7 SOFÍA
    Junho 11, 2010 às 2:33 pm

    Quiero formar parte esta plataforma, alguien me puede dar información al respecto?


Deixe uma Resposta para Odysseas Cancelar resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro.
Froito das dinámicas unitarias vimos convocando xunto a outros colectivos da cidade as manifestacións e actos antitouradas que teñen lugar todos os anos en Pontevedra coincidindo coas touradas.
ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 30,325 visitas

%d bloggers like this: