A Plataforma Pontevedra Antitaurina convoca unha mobilización o sábado 9 de Agosto co obxectivo de erradicar da nosa cidade as touradas, durante as cais 24 touros van ser torturados, mutilados e desangrados coa complicidade das institucións públicas. Podes ler mais abaixo as razóns que nos levan a opornos enérxicamente a este atavismo de raíz española, así como os 6 pontos básicos que vindicamos. Iremos publicando tamén o nome das entidades e colectivos que vaian subscrevendo a convocatoria, que se poden dirixir ao noso mail pontevedraantitaurina@gmail.com para facelo.
Entre as actividades que estamos a realizar destaca a recollida de sinaturas a pé de rúa, así como o reparto de trípticos informativos, que están tendo moi boa acollida. O calendario de actividades é o que segue, todas elas no C.S Revira (Arcebispo Malvar, 33 – Pontevedra)
I XORNADAS ANTOURADAS
SÁBADO DÍA 2 DE AGOSTO
- 22h Apresentación da curta antitaurina “Verdades que doen” e mais do SPOT “Pontevedra Antitaurina 08″.
- 23 h FOLIADA ANTITAURINA. Co grupo de Folk galego “Lincorne”.
7 DE AGOSTO *adiado para a vindeira semana
- Proxección do filme antitaurino “Animal, a Película”
8 de AGOSTO
- 20h Xornada Antitaurina. Palestra a cargo de:
Diego Viéitez (Galiza) Activista de Verdegaia.
Helena Escoda Casas (Catalunya) Licenciada en Historia. Activista de LIBERA!
Moderada por Pontevedra Antitaurina.
9 de Agosto
Mobilización Antitaurina às 19h na Praza da Peregrina.
Fai click en cada un dos seguintes materiais para consultalos ou accede á nosa sección de documentos para descarregalos en pdf. A de Pontevedra é a única praza de touros estábel da Galiza, e desde Pontevedra Antitaurina loitaremos pola súa desaparición. Para iso precisamos da vosa colaboración activa, así que agardámosvos o sábado 9 de Agosto ás 19 horas na praza da Peregrina. NON FALTEDES!!
STOP TOURADAS!!. A TORTURA NON É ARTE NEN CULTURA!!
Descarga o noso manifesto fundacional (2007)
Descarga a capa do tríptico 2008
Descarga a contracapa do tríptico 2008


















alli estaré