En breve nesta sección falaremos pormenorizadamente da Feria Taurina de Pontevedra. De momento, ficamos cuunha galería de imaxes onde poderedes recoñecer a unha ampla variedade de “líderes locais” , incluindo tamén a un ex-presidente hispano-americano, todos eles amantes do martírio animal.
Deixe uma Resposta
Plataforma Pontevedra Antitaurina
Entradas Recentes
Fotos da barbárie
|
Comparte e distribúe
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.
Estatística
- 7,922 visitas
Feed RSS
Ligazóns
Galiza
Agrupaçom de Montanha “Augas Limpas”
Anduxía - Plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu
Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín)
Asociación pola Defensa do Parque Rosalía
Burla Negra
Colectivo Ecoloxista do Salnés
Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Comité de Defensa das Rías Altas
Foro Social Temos Dereito a Saber “O Ribeiro”
Plataforma Cidada “Cultura si, mausoleo non”
Plataforma Contra a Variante Interior de Noia
Plataforma Contra o Viaduto e a Variante de Outes
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas
Plataforma pola Defensa da Ría (Cíes)
Plataforma pola Defensa da Ra de Ribadeo
Antititaurinos (Internacional)
Novas
- An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.












Primeiro, gustaríame darvos a enoraboa por facer unha denuncia con tanta “valentía” colgando fotos de xóvenes pontevedreses que o único que pretenden é disfrutar dunhas festas tan emblemáticas como son as da Peregrina. Todas as opinións deben terse en conta e ser respetadas, pero cando se procede a actuar desta forma o que máis me soa é a ameazas. Vosa loita sería máis humilde polos cauces democráticos, carencia que vexo só entrando aquí.
A min gustariame dicir que hai que respetar todalas opinións posto que pese a que exista xente antitaurina, unha opinión respetable, o certo é que as catro corridas que se fixeron en POntevedra rexistaron un cheo incrible, de feito duas deles estiveron a tope. Por iso, penso que debemos aprender a respetarnos todos e a non crer que a nosa opinión é sempre a mellor.
Non me gustaria volver os tempos de Franco, onde só existia un unico punto de vista. Afortunadamente, nunha sociedade democratica coma na que vivimos hai que aprender a respectar a todos e todas, aos que lles gustan os touros e aos que non, porque eso é a democracia.
Deixemos que cada quen sexa libre de elixir, e digoo dende o mais respeto cara a todos
Bueno, bueno, bueno….a verdade que o de por fotos de xente desta cidade de pijos burguesitos nom é moi boa…pero sempre é milhor que por umha foto dum membro do concelho e acusar a xovens de ser membros da kaleborroka…si vamos, tenho en casa a de dios, dende AK-47…todo tipo de sub-funís…M-16…Panzerfaust, as chaves do meu tanque e do meu avión…etc, etc.
O que pasa nesta cidade é que há moito burguesito que ten que demostrar a súa condición, e xa que na Feira Franca (a cal nom critico nin quero eliminar) nom pode demostrar o seu poder económico posto que CASE TODO O MUNDO VAI DE NOBRE (raras excepçoms), digo eu, entón, se nom habia campesinhos de onde se sacaría a comida….peculiar, peculiar. A verdade é que a imaxe da Feira Franca é um bó exempro da mentalidade da xente desta cidade: nobres por doquier.
Que nom queredes que estas festas se eliminen porque así vendese vinho a cachón? Vale, instauremos umha nova festa en suprantación a esta…que dificil…que dificil…e se retomamos algumha antiga festa celta?…mierda, é certo…a xente de esquerdas sempre andamos coa mesma falacia…a quen se lhe ocorre dicir que há un sustrato céltico en Galicia,iso son chorradas del rojo de Castelao and company.
( ESTE COMENTARIO É ABSOLUTAMENTE PERSOAL E NOM ESTÁ RELACCIONADO CON NENGUMHA ORGANIZAÇOM )
http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/2007/08/14/pena-pro-taurina-sumase-a-campana-de-acoso-contra-a-plataforma/
O que non pode ser, de nengunha forma é que se publicite nun blogue unha acción de protesta, como fixeron os taurinos, e logo pretender que non circule pola rede, excepto nos sitios que lle convén. Por outra parte, eles poden colgar do seu blogue as nosas fotos, as dunha concelleira, un vídeo de veciños facendo ruido durante a Feira Franca e non pasa nada. Crense con total lexitimidade para facer o que lles veña en gana nesta cidade. Son os “donos”, os “amos”, e para eles non representamos nada, non temos dereito nen a saír á rúa, nen a discordar, nen a pegar cartaces, nen a colgar faixas. Tan só eles poden.
Non hai parangón a tanta mesquindade.
Yo no entiendo nada ya. Yo no soy dueño ni amo de nada ni de nadie y sólo critico la utilización tendenciosa de la palabra LACRA hacia colectivos. NO HE DICHO NADA NUNCA JAMAS EN CONTRA DEL MOVIMIENTO ANTITAURINO, que siempre he dicho que respeto.
Ahora bien, si alguien nos tacha de LACRA sin sentido alguno sea quien sea lo denunciaré o diré siempre porque es una atropelía contra el honor.
Lamento profundamente este debate.
En cambio puedo llamar a los demás “jóvenes sectarios” y me quedo tan pancho
LO TENEIS MUY FACIL, NO VAYAIS A LA PLAZA. EL DERECHO AL RESPETO AJENO ES LA PAZ. NO HAY MEJOR FORMA DE CASTIGAR UN TIPO DE INDUSTRIA QUE NO CONSUMIENDO SUS PRODUCTOS. PUES NO CONSUMAS COÑO!! PERO DEJA EMPAZ A LOS QUE NO PIENSAN COMO TU. Y POR CIERTO, LAS FOTOS SIEMPRE SE PUEDEN ELEGIR MUY BIEN COMO TU LO HACES…
http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/10-respostas-basicas/
10.”O que queira ver os touros que os vexa, o que non que se vaia”
No Estado Español, as tempadas taurinas, as escolas e as gandeirías son financiadas con diñeiro público que tamén pagamos as galegas e os galegos, que é onde menos interese hai en todo o Estado Español. Porén, segundo diversas enquisas máis do 90% dos cidadáns consideran que a tortura dos animais como diversión debe ser suprimida, e a inmensa maioría da poboación nunca asistiu nen asistirá a unha corrida de touros.
Non podemos mirar cara a outro lado cando un animal sofre, e non temos reparo en erguernos fronte a isto, teña a tortura forma de toureiro, matarife, maltratador, vendedor de mascotas ou empresario…
A ver que eu non sei se crerme todo isto,¿tortura?,cal,a das vacas cando as colgan dos cuartos traseiros e lles aplican os 50000 voltios para que as comades.Ou a que pasan as centolas cando lles recitades unha poesía para adormecelas antes de metelas a ferver inda vivas.Eu alucino,fai falla ser hipócritas,o que fai o non ter que facer.
E outra cousa meus amighiños,onde dicides o de imposicion españolista,estades de coña ou non estábades na clase no día da p con a e pe,a ver:Euskal-Herria—>Casi ná a tradición taurómaca que posúe,Bilbo.Donosti-Gasteiz,etc,etc.¿E en Nafarroa?,non sei se os sonan os Sanfermines,ou quizais inventounos o chuquiño.Pa fliparlo dende logo como as vosas reivindicacions sexan secundadas con argumentos tan eminentes a festa non terá problemas non.
O que vexo nesta páxina, a pesares da miña opinión contra o espectáculo de tortura que supón unha corrida de touros, non é máis que a utilización partidista e interesada da imaxe das personalidades que colocastes na galería fotográfica. Cada un é moi libre de ter afición polo que lle pete, e se vos non estades dacordo pois non vaiades a velo e punto, como fago eu, pero colgarlle o cartel de xente sen escrúpulos aos que van paréceme unha falla de respeto pola liberdade dos demais.
A ver se aprendemos un pouco de cultura democrática e deixades de empregar argumentos tan vacuos e tan ligados á política. Seguro que nesas fotos vosas non aparecen personalidades socialista que tamén estaban presentes na praza pontevedresa nas festas. Pero iso non convén, claro está.
Como que está la “Teresa Casal” na foto, amiguiña.. E se ti es unha anti-taurina, eu son o rato mickey. xD.
Pois a min paréceme moi axeitado publicar fotos de quen vai ás corridas. Se tan orgullosos están da súa afección non lles debería importar que se saiba que lles gustan as touradas. A meirande parte dos galegos rexeitamos esta forma de crueldade e temos dereito a saber quen vai a eses espectáculos porque así podemos actuar en consecuencia. No meu caso, por exemplo, deixei de ir a bares ou mercar en tendas por poñer publicidade taurina nos escaparates (eu vivo na Coruña, non en Pontevedra). Eu creo que quen fomenta a tortura ten que ser castigado, e como está claro que conciencia non teñen, nin compasión polos animais, nin lles importa siquera o que pensemos os galegos como comunidade, pois o único que lles doerá será o PETO.
Forza e a seguir loitando.
Saúdos
«Josiño (Agosto 15, 2007 às 6:20 pm) LO TENEIS MUY FACIL, NO VAYAIS A LA PLAZA»
Eu abráiome con argumentacións coma esta. Iso é coma dicirlle a alguén que critique os fusilamentos de republicanos do 36 «Pues si no te gusta no te saques el carné falangista, pero deja que se diviertan hombre».