Según se desprende dun macro-informe elaborado pola fundación animalista “Altarriba“, as administracións públicas adican 564 millóns de euros anuais á subvención das touradas. Do estudo ficaron excluídas as axudas indirectas como a financiación aos gandeiros, subvencionados incluso con fondos comunitarios.
Asemade, anímase á cidadanía á obxeción fiscal e a vindicar perante as institucións públicas que o diñeiro dos contribuíntes non pode ir parar, baixo nengún concepto, a unha “festa” que
consiste na violación flagrante dos dereitos animais, ademáis de constituír unha perversa forma de diversión.
Desde a nosa plataforma vimos denunciando o financiamento das touradas en Pontevedra por parte da administración, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, que destina cuantiosas sumas á promoción do atavismo e da crueldade “en chave hispana”. Ademáis, cremos que o Concello non debería prestar nengún tipo de colaboración á empresa “Plazas y Toros S.L”, culpábel do martírio anual durante as Festas da Peregrina.
No noso país temos tristes exemplos, como o do Concello da Coruña , que aportou enormes sumas das arcas municipais durante anos co obxecto de inocular na sociedade un particular modo de entender a relación dos humanos cos animais. E todo pesia a completa apatía da cidadanía galega, sempre contraria a esta festa, como evidencia a ínfima implatación das touradas no país.
Casos como o de Noia, onde o novo goberno electo suprimiu as axudas ás touradas, animan as nosas vindicacións e fannos crer firmemente nunha Pontevedra comprometida cos dereitos dos animais, e contra a tortura inhumana e cruel que supón o lamentable espectáculo hispano das “corridas”.
Un atavismo que non pode ter continuidade no noso país, alleo por completo a unha tradición importada e españolizante que reúne aos sectores máis reaccionarios da nosa sociedade, responsábeis do holocausto anual de 60.000 touros. Todo para o divertimento duns “privilexiados”. E aínda haberá algún “intelectual” (*galego) que conciba a tauromaquia como “metáfora de la vida heroica”?











Thanks for your work.
We must fight togheter against this sadics people.
Lets put an end to Bullfight NOW!
Take care
Gonças
Pleease visit the blog: http://touro-sentado.blogspot.com/