13
Set
07

EEUU: Lei terrorista contra activistas polos animais

O Congreso dos EEUU tería aprobado durante o 2006 unha Lei , denominada “Animal Enterprise Terrorism Act” destinada á defensa das corporacións que comprenden actividades económicas relacionadas coa explotación de animais. A lei, debido á súa ambigüidade, enmascara artigos que facilitarían a imputación de activistas pro-animais baixo a acusación de terrorismo.

bush animal

A nova foi recollida por Rebelión.org nun interesante repaso polas 25 notícias mais censuradas nos EEUU durante o 2006, onde David Hoch e Odette Wilkins, do “Vermont Journal of Environmental Law”, sinalan como o termo terrorismo “se ampliou perigosamente para incluir calquera interferencia, ou promoción de interferencia contra as operacións de empresas vencelladas aos animais”.

A contestación nos EEUU está representada por uns 160 grupos diversos, encabezados pola Unión Americana polas Liberdades Civís” (ACLU) que “se opoñen a esta Lei argumentando que a súa terminoloxía resulta vaga e perigosa, á vez que plantexa un conflito importante coa Constitución dos EEUU (…) dado que a definición de “empresa animal” podería abarcar a práctica totalidade do comercio do país”.


0 Respostas to “EEUU: Lei terrorista contra activistas polos animais”


  1. Sem Comentários

Deixe uma Resposta




Plataforma Pontevedra Antitaurina

Pontevedra Antitaurina é unha plataforma de adscrición individual que ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro. ------------------------------------- ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA pontevedraantitaurina@gmail.com

Categorías

Fotos da barbárie

DSC00186

DSC00183

DSC00175

DSC00180

More Photos

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 7,922 visitas

RSS Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.